InicioPolíticaO PP, no pleno do Concello: "Na Coruña quéixanse de que todas...

O PP, no pleno do Concello: “Na Coruña quéixanse de que todas as inversións da Xunta veñen a Vigo”

O PP vigués di que hai queixas en Coruña do poder de influencia de Elena Muñoz.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A novena moción do Pleno celebrado este mércores 28 de novembro no Concello de Vigo, presentada polo PSOE, instaba á Xunta a incluír en 2019 unha partida orzamentaria de 4 millóns de euros para as obras de humanización da Avenida de Castrelos, Avenida de Ricardo Mella, Avenida de Galicia, Avenida da Ponte e Estrada de Camposancos.

O PP e o PSOE viñan dun intenso enfrontamento co tema dos aparcadoiros do Cunqueiro, defende o goberno local que a Xunta cobra aos seus usuarios 4.700 euros ao día, 1.700.000 ao ano: “E nós lle facemos aforrar un millón”, subliñan.

En canto á moción das humanizacións, desde o PSOE recordáronse as inversións de Touriño na Avenida de Castrelos e en Florida hai unha década, comparándoas co ‘abandono’ goberno de Feijóo.

Para Marea de Vigo, a moción era pouco menos que unha pantomima: “Chega o período electoral e hai que facer este tipo de mocións”. Máis aló diso, consideraron que a xustiza debería actuar coa Xunta e o Concello de Vigo, argumentando que a lei estipula o deber de colaboración entre intitucións públicas.

“A asociación veciñal de Teis leva 20 anos queíxandose de problemas de accesibilidade”, engadiron, así como que “nalgún momento teremos que frear este diálogo cansino”, referíndose ás tensións entre a Xunta e o Concello vigués.

Pola súa banda, “debeulles de picar que a Xunta veña constantemente a inaugurar obras e vostedes van a facerse unha xota por tirar o Hotel Samil. O PP constrúe sendas peatonais e elimina puntos negros das carreteras”, sacaron peito desde o PP vigués.

O PP, no pleno de outubro/ Miguel Núñez

Ademais, criticaron: “Antes a deputación viña a pedir inversión, agora a súa presidenta non se digna nin a acudir ao pleno en Vigo. Hai uns meses non paraban de pedirlle a Madrid, agora vén o señor Ávalos e se ri na cara de tódolos vigueses e di que vai facer un estudio que durará 3 anos. Antes, o alcalde co Estado parecía un león, agora parece un lindo gatito”.

“Os coruñeses quéixanse de que todas as inversións da Xunta veñen a Vigo e do poder que ten Elena Muñoz con respecto a Ana Mato“, selaron.

Como contestación, desde o PSOE acusaron ao PP de ter gardado ese mesmo estudo nun caixón durante 3 anos.

ÚLTIMAS

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...

Investigan o crime dun home apuñalado na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como suposta autora do homicidio dun home na antiga estación de...

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...