InicioPolíticaAvanza o proxecto de Caballero no Barrio do Cura: "Necesita rehabilitación, leva...

Avanza o proxecto de Caballero no Barrio do Cura: “Necesita rehabilitación, leva 40 anos en ruínas”

O rexedor vigués considera que este é un dos barrios máis 'interesantes da cidade'. Construiranse centos de vivendas, aparcadoiros e un miradoiro á ría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo informou este luns da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) do informe ambiental estratéxico para a modificación do PXOM de 1993 e do Pepri Casco Vello no ámbito de Barrio do Cura.

“Trátase dunha gran noticia”, defende. “Barrio do Cura é unha das zonas máis interesantes da cidade e imos manter a tradición e a arquitectura protexida”, sinalou en referencia a fachada do vello asilo do Paseo de Alfonso XII. Abel Caballero explicou que o proxecto recibiu o visto e prace para ser tramitado cunha avaliación ambiental simplificada.

A superficie edificable será de 56.000 metro cadrados, reservando un 30% do aproveitamento do solo urbano non consolidado a vivenda de protección oficial e un 10% quedará nas mans Concello como solo dotacional. Destinaranse 5.000 m² para espazos libres e zonas verdes, 300 prazas de aparcadoiro e un miradoiro sobre a ría.

Sinais de prohibido o paso ao antigo asilo do Barrio de Cura de Vigo / Miguel Núñez.
Sinais de prohibido o paso ao antigo asilo do Barrio de Cura de Vigo / Miguel Núñez.

Caballero explicou que toda a contorna vai ser reformada, tanto as comunicacións rodadas como as peonís. “Imos continuar a rúa Torrecedeira cara Poboadores, melloraremos a rúa Llorente e Santa Marta, cun novo acceso peonil desde A Ribeira do Berbés ata o Paseo de Alfonso”.

A tramitación poderá completarse nun prazo de entre 10 e 16 meses. “Durante 70 anos o barrio estivo abandonado, en ruína desde hai 40 anos, necesita rehabilitación e suporá un impacto positivo sobre a mobilidade, aportará prazas de aparcadoiro, zonas verdes e novos miradoiros con equipamentos públicos e bloques de edificios”, engadiu.

A aprobación definitiva chegará despois da exposición pública e de sumar as alegacións. Caballero tamén destacou que se vai conservar a fachada da vella capela do asilo porque “é colosal e mentres sexa alcalde no se tira nin unha sola obra de valor arquitectónico”.

humanizacións

Noutra orde de cousas, o goberno vigués encabezado por Abel Caballero presentará no pleno deste mércores unha moción na que insta á Xunta a realizar obras de humanización.

Aseguran ter cambiado por completo a cidade ao actuar sobre 600 rúas e sobre 200 kilómetros. Polo tanto, comparan, “o compromiso coa cidade do alcalde de Vigo non se corresponde co de Núñez Feijóo en aqueles viais e rúas con titularidade da Xunta, en total 9 rúas e 42 kilómetros, discriminando aos cidadáns da cidade que viven en elas. Polo tanto, pedimos 4 millóns de euros para a humaniozación da Av. de Castrelos desde Pereiró, Ricardo Mella, Avenida de Galicia e Carretera de Composancos”.

ÚLTIMAS

Home de 50 anos afúndese na Punta da Foz en Baiona

Un home de arredor de 50 anos, natural de Ourense, sufriu este domingo un...

Detido en Vigo un home por agredir a súa nai cun garfo tras unha discusión por un bote de perexil

A Policía Local de Vigo detivo este domingo a un home de 29 anos...

Xulgan en Vigo un home acusado de estafar máis de 158.000 dólares na compra de produtos do mar

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará este...

Anulan unha cláusula chan nunha hipoteca de 2005 por falta de transparencia

O Xulgado de Primeira Instancia de Vigo declarou nula unha cláusula chan incluída nun...