InicioMovementos SociaisTraballadoras das cafetarías do Campus da UVigo poden quedar na rúa este...

Traballadoras das cafetarías do Campus da UVigo poden quedar na rúa este Nadal sen dereito a paro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A organización estudantil ANEGA vén de emitir un comunicado con respecto á decision de pechar as cafeterías das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Filoloxía e Traducción, “deixando as traballadoras na rúa e a centos de estudantes sen servizo”, subliñan.

“Esta fin de semana chegábanos a pésima nova do peche das cafeterías das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais (FCCEE) e de Filoloxía e Tradución (FFT) do Campus de Vigo. Este peche imposto pola empresa adxudicataria farase efectivo o día 21 de decembro en ámbalas dúas cafeterías. Como consecuencia as traballadoras serán despedidas quedando na rúa sen dereito a indemnización nin paro”, destacan desde a organización estudiantil.

“Por outra banda, as estudantes destas facultades quedarán sen o servizo ofertado, co prexuízo que iso supón. Se non hai cambios nin resposta pola banda das autoridades académicas esta situación manterase até que se convoque un novo concurso, o cal agora mesmo non está completado no curto prazo”, engade ANEGA.

Por todo isto, dende ANEGA apoian a campaña “Non ao peche” iniciada recentemente polas traballadoras para loitar polos seus dereitos: “Animamos a todo o estudantado a solidarizarse con elas, achegarse ás cafeterías e participar na recollida de sinaturas que haberá nas dúas facultades afectadas. A súa vez, esiximos solución inmediata dende a universidade ante a brevidade dos tempos. Os dereitos fundamentais das traballadoras non poden estar supeditadas aos intereses empresariais”.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...