InicioPolíticaSubstitúen antes do 25-N as rúas adicadas a 'monarcas, papas e militares'...

Substitúen antes do 25-N as rúas adicadas a ‘monarcas, papas e militares’ por mulleres históricas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Algunhas rúas de Vigo trocaron os seus nomes nos días previos a este 25-N, día internacional contra a violencia ás mulleres. Así o explica o BNG na súa páxina de Facebook: “As compañeiras da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Vigo modificaron o rueiro vigués: en troques de monarcas, papas e militares, reivindicamos a figura de varias mulleres e denunciamos a invisibilización que sofren as mulleres polo mero feito de ser mulleres”.

Polo tanto, ‘nacían’ efimeramente este 23 de novembro a rúa Carmen Corral Aller (actriz), Elisa e Jimena Fernández (primeiras mulleres en estudar nunha universidade galega), Marcela e Elisa (primeiras mulleres que se atreveron a casarse), Carmen López Cotón (preocupada pola educación feminina), ou Virginia Auber Noya (escritora), ou a Praza Elvira Bao.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...