InicioSociedadeEmpresarios e veciños de Teis e Chapela cargan contra as 'promesas incumpridas'...

Empresarios e veciños de Teis e Chapela cargan contra as ‘promesas incumpridas’ de Fomento coa AP9

Moi lonxe de eliminarse as peaxes, a AP9 cada vez é máis cara, mentres continúan as obras. As asociacións de veciños e empresarios da contorna veñen de reunirse para expoñer de novo as súas posturas.

PUBLICADO O

O Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) vén de analizar con directivos das Asociacións de Veciños de Teis e Chapela a situación xerada pola dilación por parte do Ministerio de Fomento de executar a comprometida eliminación da peaxe entre Vigo e Redondela.

Na reunión, na que estivo presente o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercadorías de Pontevedra (Asetranspo), Ramón Alonso, tamén participaron José Marcial Pérez Abreu, Juan Morais Balbín e Manuel Cabaleiro Durán, presidente, vicepresidente e vogal da AVV de Chapela, respectivamente; e Antonio Collazo Collazo, Anxo Igrexas Covelo e Roberto Alonso Pérez, presidente, secretario e vogal da AVV de Teis, respectivamente.

Protesta contra a peaxe en Rande / Miguel Núñez.
Protesta contra a peaxe en Rande / Miguel Núñez.

“Esta reunión vén demostrar que os empresarios estamos aliñados cos representantes da sociedade civil neste asunto. A todos prexudícanos que se continúe penalizando a actividade económica e os desprazamentos por unha AP9 cada vez máis cara, con obras inconclusas e sen data de eliminación dunha peaxe comprometida fai xa case un ano. Para as empresas é un ataque á liña de flotación da súa competitividade que non estamos dispostos a desculpar nin a esquecer”, subliñou Jorge Cebreiros.

Entre outros asuntos, os representantes empresariais e os veciñais valoraron como imprescindible que a Xunta de Galicia reciba a titularidade da AP9.

“A transferencia da principal arteria de comunicación viaria de Galicia non pode demorarse máis. Non é de recibo que, desde Madrid, e sen coñecer a realidade nin as súas repercusións, sigan ninguneando aos empresarios e aos cidadáns de Vigo e a súa área de influencia”, expuxo o presidente da CEP.

Ria de vigo Gamelas
Marea vermella/ Miguel Núñez

Empresarios e representantes veciñais coincidiron na necesidade de que as administracións públicas se comprometan a formalizar no menor prazo de tempo posible unha proposta firme que garanta a creación dos accesos á AP9 a través de Torres de Padín e a Avda. de Buenos Aires, interconectando a contorna urbana coa autoestrada, o cal contribuiría a liberar de tráfico pesado moitos tramos que actualmente carecen de conexións alternativas.

Na mesma liña, os representantes veciñais expuxeron á CEP a súa reclamación para lograr o compromiso das administracións públicas de aprobar medidas de redución de contaminación acústica tamén en Teis.

Cabe lembrar que en Chapela xa están aprobadas. “Agradecemos ter a oportunidade de intercambiar impresións cos empresarios, cos que compartimos o prexuízo causado polo incumprimento do Ministerio de Fomento. O entendemento foi absoluto e a reunión cumpriu coas nosas expectativas”, indicou Pérez Abreu. A CEP e Asetranspo comprometéronse a colaborar coas AAVV de Teis e Chapela en próximas accións e reclamacións.

ÚLTIMAS

Condenados a 5 e 4 anos de cárcere os dous acusados de dar unha malleira a dous mozos na rúa Hernán Cortés de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou aos...

Máis de mil vigueses xa teñen representación no caso do Cártel dos Coches con 40.000 afectados en Galicia

A oficina de Vigo do despacho BGI LAW representa xa a máis de 1.000...

Novo desencontro entre traballadores de Vitrasa e a empresa que non cede a reitirar os expedientes contra traballadores

A reunión celebrada este luns entre o comité de empresa e a dirección de...

A Xunta apura ao novo ministro de Cultura para axilizar o proxecto da Biblioteca do Estado en Vigo

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, trasladou ao novo ministro...