InicioSociedadeEmerxencias responsabiliza ao Concello de Vigo na comisión do Marisquiño: "Fallou a...

Emerxencias responsabiliza ao Concello de Vigo na comisión do Marisquiño: “Fallou a prevención”

Pola súa banda, a Plataforma de Afectados do Marisquiño defende que a oficina municipal foi un engano e aseguran que o Concello aínda non contactou con eles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axega, a Axencia Galega de Emerxencias, vén de confirmar na comisión de investigación do Marisquiño que nin o concelleiro de seguridade nin o alcalde de Vigo contactaron co 112 a noite do accidente, nin para informar nin para solicitar recursos para atender a emerxencia.

Así, o xerente de Axega, Marcos Araújo, sostén non só que o Concello non contactou con eles, senón que estiveron en dificultades para ‘falar con algún responsable dos efectivos municipais de emerxencias’.

O xerente do servizo de emerxencias ata acusa a Caballero de ser un dos poucos alcaldes que non poden ser chamados durante unha emerxencia, pois só facilitaría un teléfono do Concello no que asegura que pola noites non atende ninguén.

Araújo sostén que ninguén do Concello activou o Plan de Emerxencias Municipal, así como que este plan non se actualiza desde 2007 e nin sequera aparece contemplado nel o Marisquiño.

Peirao derrubado do Marisquiño/ Miguel Núñez

Marcos Araújo tamén culpa ao goberno vigués de non inspeccionar o lugar ‘de maneira adecuada‘, e considera que era responsable de facelo. Os servizos de emerxencias actuaron durante dúa horas e media pola chamada dun particular para atender aos máis de 400 feridos.

Pola súa banda, parte da oposición (Marea de Vigo e BNG) fala de ‘falta de coordinación’, e o representante da Plataforma de Afectados do Marisquiño asegurou na mesma comisión de investigación que están a ser ignorados polas institucións, e que aínda non se coñece ‘a verdade’.

Para eles, a prometida oficina municipal “abriuse tarde, unhas poucas horas, e só serviu para facilitar os nosos datos e esperar unha chamada que nunca chegou”.

De feito, agradecen á Federación Veciñal Eduardo Chao de Vigo ser “o noso único apoio”. Acusan ao goberno vigués de nin sequera ter contactado aínda con eles. Máis información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...