InicioSociedadeNovo ecógrafo para o Hospital Álvaro Cunqueiro: diagnóstico máis preciso e seguro

Novo ecógrafo para o Hospital Álvaro Cunqueiro: diagnóstico máis preciso e seguro

O equipo permitirá detectar cardiopatías con maior precisión e sen intervencións invasivas nos pacientes pediátricos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no Portal de Contratos Públicos a licitación por 124.630 euros dun novo ecógrafo para a área de cardiología pediátrica do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Deste xeito, renóvase este equipo de diagnóstico por imaxe que permite ver o corazón e os vasos cardíacos, ademais de “poder estudar os fluxos sanguíneos analizando a estrutura e a función do órgano”. En concreto, as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 14 de marzo.

Segundo detallou o Goberno galego nunha nota de prensa, entre os seus usos principais está o diagnóstico de cardiopatías congénitas e adquiridas, pero tamén permite identificar anomalías do corazón de nenos como defectos nas válvulas, tabiques ou cámaras cardíacas.

Con todo, destacou que este ecocardiógrafo ten como principal vantaxe ser “inocua e non invasiva”, ofrece información “precisa” con imaxes en tempo e permite controis repetidos que son “importantes para coñecer a evolución en patoloxías crónicas ou despois de cirurxías”.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...