InicioDeportesDúas medallas converten ao taekwondista vigués Samuel Meilán en protagonista do Mundial...

Dúas medallas converten ao taekwondista vigués Samuel Meilán en protagonista do Mundial de Taipei

PUBLICADO O

- Advertisement -

O taekwondista vigués Samuel Meilán (Tao) converteuse esta fin de semana no gran protagonista do taekwondo galego e español no Mundial de Técnica e Freestyle de Taipei. O vigués sae de Taiwán con dúas medallas de bronce no seu poder.

Despois do metal acadado en parellas coa tamén viguesa Nerea Alamancos o sábado, este domingo logrou tamén subirse ao terceiro chanzo do podio na proba individual de sénior 2. E iso que a final estivo moi preto, xa que Filipinas venceu a Samuel por só 2 centísimas na semifinal.

Samuel chegaba a esta proba canso, despois das trece horas no pavillón do día anterior (no que acadara a medalla de bronce xunto a Nerea Alamancos en parellas 2), e algunhas molestias musculares, pero buscaba o dobrete e este chegou.

O vigués librou en primeira rolda e na segunda eliminou a Italia: “Costoume un pouco porque tiña o corpo entumecido, pero gañei”, explicou. Nos cuartos de final, o rival era Estados Unidos, e novamente, Meilán foi o vencedor do duelo, xa atopándose mellor. Na semifinal enfrontouse a Ernesto Guzmán (Filipinas), campión do mundo en 2016, e todo se decidiu por só dúas centésimas e, desgraciadamente, en contra do noso deportista.

O vigués, actual campión de Europa en sénior 2, estaba moi satisfeito tanto pola súa actuación coma polos resultados, xa que regresa a casa con dúas medallas.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...