InicioCultura'Pantoque': a homenaxe do museo MARCO a un século de historia dos...

‘Pantoque’: a homenaxe do museo MARCO a un século de historia dos Estaleiros Armada

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou esta fin de semana a mostra “Pantoque” no Museo de de Arte Contemporáneo (MARCO) na que os artistas vigueses Ramón Trigo e Eduardo Armada amosan o seu traballo realizado durante doces meses no Estaleiros Armada da cidade.

“É a mellor exposición artística de barcos do mundo, posiblemente a única que consegue converter un museo no estaleiro”, sinalou o rexedor durante a presentación na que tamén estivo o comisario Eduardo Berea e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez.

Pantoque, no Museo MARCO/ Miguel Núñez

A mostra estará aberta ata o vindeiro 31 de marzo planta baixa do museo. Ademais, a exposición alóngase no tempo, con intervencións periódicas por parte do artista, desde a semana inaugural ata a data de clausura.

Pantoque, no Museo MARCO/ Miguel Núñez

Xunto ás obras en exposición -pintura, debuxo, escultura, fotografía, vídeo—, a mostra inclúe unha intervención de Ramón Trigo nun dos muros.

Pola súa banda, “Pantoque” é un proxecto creativo multidisciplinar, desenvolto polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo e realizador audiovisual Eduardo Armada. 

Pantoque, no Museo MARCO/ Miguel Núñez

A súa idea primixenia foi a realización dun proxecto artístico de investigación baseado na confluencia de dous modos de narración que parten dunha mesma realidade compartida: explorar coa linguaxe plástica e visual sobre o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro.

Pantoque, no Museo MARCO/ Miguel Núñez

A través da observación da actividade diaria e a relación do ser humano co feito construído e o mar, ambas as linguaxes interrelaciónanse na procura dun lugar común. O espazo elixido é Estaleiros Armada, situado en Bouzas, Vigo, desde os anos vinte, e con case un século de vida tras tres xeracións dunha familia inexorablemente unida ao mar e á historia da cidade.

Pantoque, no Museo MARCO/ Miguel Núñez

En setembro de 2016, Ramón Trigo traslada o seu taller a Estaleiros Armada. Alí, durante doce meses convivirá cos traballadores, reinterpretando a actividade da empresa tamizada pola súa visión plástica.

Ao mesmo tempo Eduardo Armada documenta en vídeo e fotografía toda a acción.

Pantoque, no Museo MARCO/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

O BNG denuncia que o ximnasio de O Berbés carece de seguro de accidentes

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu explicacións ao goberno local...

Galicia Fest prepara un cartel de luxo para este venres e sábado

O Galicia Fest ultima os preparativos para a súa celebración, este venres e este...

Vigo únese ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global Sumud

A cidade de Vigo sumarase este sábado ás mobilizacións de apoio á Flotilla Global...

Cancelan un voo Vigo-Barcelona obrigando a recolocar os 170 pasaxeiros

O voo Vigo-Barcelona operado por Vueling que tiña previsto saír á primeira hora da...