InicioMedio Ambiente e PatrimonioA triste impunidade das verteduras ao río Lagares: "Prodúcense por ducias cada...

A triste impunidade das verteduras ao río Lagares: “Prodúcense por ducias cada ano”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ante a recente aparición de verteduras durante esta semana no río Lagares á altura de Balaídos, falamos con Gabino Cuntín, membro da xunta directiva da asociación ecoloxista Lagares Vivo, para intentar comprender un pouco máis o acontecido.

Sen poder asegurar con rotundidade a súa natureza só co apoio fotográfico, Cuntín considera que “parece o típico vertido de deterxente, de fosfatos. Estas verteduras prodúcense por ducias cada ano. Houbo outra hai un mes na contorna de Peinador. Tristemente son moi habituais”, lamenta.

“Identificamos 7 ou 8 cada ano no Lagares, e obviamente non estamos a contar as que non chegamos a percibir, pero en calquera caso o cen por cen quedan impunes. Nunca se descobre o culpable“, engade.

Vertedura no Lagares, día 14 de novembro/ Miguel Núñez

Nin sequera o conseguiron hai 3 anos, cando un gran vertido provocou a morte dun importante número de anfibios e animais doutras clases. O acontecido tivo o seu eco nos medios de comunicación, o cal non adoita ser habitual, e denunciaron ao Valedor do Pobo, todo sen resultado.

Aquela vertedura tivera lugar nun afluente do Lagares, o Barxa, que discorre polo Polígono de Valadares. Todo parecía apuntar a que fora producida por unha empresa dese polígono.

“Ao final quedou impune”, lembra Gabino, “e é ata sospeitoso que o laboratorio do Campus de Lugo da USC non dera con que sustancia fora, nin sequera co principio activo que causou as mortes”.

Vertidos no Lagares, 13 de novembro de 2018

Como nota positiva, Gabino valora nestas fotografías a resilencia do medio natural, que aínda resiste os ataques do home. Así, ao fondo “unha garza real aguanta en medio da contaminación”, celebra.

Vertedura no Lagares o 14 de novembro/ Miguel Núñez

Quedaremos sen coñecer o culpable desto: “É complicado, incluo cando hai tuberías que chegan ao río, aínda así quedamos sen saberlo. E isto ocorre moito nos crimes medioambientais, un pouco porque non interesa, outro pola dificultades técnicas, como ocorre nos incendios”.

Vertidos no Lagares, 13 de novembro de 2018

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...