Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este xoves a un home que conducía un vehículo estilo ‘Quad’ roubado. Os axentes circulaban en funcións de prevención pola estrada de Fragoselo, e observaron como o condutor, ao percibir a presenza policial, tentou dar a volta en sentido contrario ao que circulaba.
Unha vez detido o vehículo, cando os axentes se achegaron ao mesmo, o condutor e o seu acompañante emprenderon a fuxida a pé correndo ambos cara aos montes de Coruxo en dirección ao campo de fútbol de Fragoselo. Como os mozos tomaron direccións distintas, os dous Policías fixeron o mesmo, para tratar de darlles alcance.
Finalmente un dos policías logrou atrapar ao condutor do Quad, o cal manifestou que fuxira porque circulaba sen matricula, engadindo que comprara o vehículo a un individuo en praia América (Nigrán) pero que carecía de todo tipo de documentación.
Estando no lugar, achegouse correndo outro mozo, quen referiu que recoñecía o vehículo, (propiedade do seu irmán) e que este interpuxera unha denuncia de roubo hai uns días na Comandancia da Garda Civil de Baiona.
Os Axentes comprobaron devandito extremo, así como que o Quad tiña o número de bastidor limado, carecendo de matricula, polo que procederon á detención.