InicioSociedadeVigo ponse en órbita este Nadal co lanzamento do satélite LUME-1

Vigo ponse en órbita este Nadal co lanzamento do satélite LUME-1

A Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo lanzará en decembro o seu cuarto satélite, o máis avanzado da serie.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aínda que a data e a hora definitivas poderían finalmente experimentar algunha variación,  o LUME-1, o cuarto satélite deseñado e desenvolvido pola Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, será posto en órbita, segundo os cálculos dos científicos, o vindeiro 25 de decembro, previsiblemente sobre as 02.00 horas (10.00 horas en Rusia).

Tralo lanzamento, o primeiro pase do LUME-1, no que desde a Escola de Telecomunicación confirmarán que todo funciona correctamente, produciríase sobre as 10.00 horas do mesmo día de Nadal.

Aarón Nercellas e José Miguel Lago/ Duvi

Co lanzamento do satélite, culminará o traballo que durante máis dun ano e medio desenvolveron 17 persoas na Universidade de Vigo: 10 investigadores contratados; seis estudantes e dous profesores en tarefas de coordinación.

“Todos os estudantes e investigadores que participan no proxecto FIRE-RS pertencen ás facultades de Enxeñería Industrial, de Telecomunicación e Informática, que son o núcleo da Agrupación Aeroespacial”, detalla Fernando Aguado, docente e investigador e responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo.

Sucesor de Xatcobeo, Humsat e Serpens, o satélite LUME-1, segundo asegura Aguado, é una evolución dos seus antecesores, “compartindo que é un satélite fundamentalmente de comunicacións, pero inclúe moitas melloras tecnolóxicas respecto deles”.

O sistema de comunicacións, Totem, está baseado nunha radio definida por software e foi totalmente redeseñado, permitindo operar ao satélite de xeito moito máis eficiente en tres bandas de comunicación diferentes: UHF, S e L coa mesma radio.

This NASA/ESA Hubble Space Telescope image captures the remnants of a long-dead star

“A misión fundamental do satélite é dar soporte de comunicacións bi-direccional a sensores de terra que detectan lume, que desenvolve o grupo CIMA da Universidade de Vigo, así como para prover unha conexión cos avións non tripulados, UAVs, desenvolvidos pola Facultade de Enxeñaría da Universidade de Porto”, detalla Fernando Aguado.

Os novos servizos incluídos en LUME-1 permiten, entre outros, a comunicación bidireccional, comunicación a grupo, comunicación directamente entre terminais da mesma zona de cobertura, comunicación segura…

Ademais, como misións secundarias, o satélite da Universidade de Vigo incorpora a posibilidade de realizar monitorización do espectro, así como recepción de sinais provenientes de avións (ADSB), así como a de usar Totem coma un laboratorio de probas de comunicacións en voo, ao poder redefinilo totalmente en terra, subir a súa nova configuración desde a estación de terra e “reconstruír” unha nova radio a metade de misión.

Bibiano Fernández -Arruti, Alberto González, Fernando Aguado; abaixo: Aarón Nercellas e José Miguel Lago na cámara limpa da EE de Telecomunicación/ Duvi

Á espera da súa integración en Holanda, LUME-1 completou durante meses un esixente calendario de probas, incluídas as de aceptación de todos os subsistemas, así como a verificación do satélite a nivel de sistema.

“ Unha vez comprobado o correcto funcionamento na sala limpa, en agosto realizáronse probas de ambiente espacial no laboratorio holandés de NLR (Netherlands Aerospace Centre), que incluíron probas de termovaleiro e vibración, para comprobar o correcto funcionamento do satélite no espazo, así como unha proba de resistencia coas cargas mecánicas que experimentará durante o lanzamento”, explica o docente e investigador da Universidade de Vigo.

O LUME-1, un satélite Cubesat tipo 2U, cunhas dimensións 20 x 10 x 10 e un peso de 2.1 quilogramos, será inxectado nunha órbita helio-sincrona a 490 quilómetros de altura. 

Ao primeiro simulacro real do proxecto, co obxectivo de poñer en práctica a nivel procedimental a detección remota temperá dun incendio, que terá lugar o vindeiro venres en Silleda, seguiranlle outras proba piloto ás que se irán incorporando progresivamente todos os elementos que compoñen o sistema, de xeito que “o proxecto rematará a finais de xuño do ano 2019, data na que agardamos ter comprobado o funcionamento integral de solución nos pilotos”.

Nese intre o consorcio estará en condicións de poñer a solución tecnolóxica a disposición das institucións interesadas, que deberán realizar o despregue efectivo que debería incluír un número axeitado de satélites, sensores de terra e UAV,s para a súa operación real”, avanza Fernando Aguado.

ÚLTIMAS

Caballero “tende a man” a Rueda e pide un encontro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu un encontro co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para...

O Concello media coa compañía eléctrica para que reactive a luz á familia do Calvario con dous fillos menores

Os servizos sociais do Concello de Vigo mediaron coa compañía eléctrica para solicitar a reactivación da...

(Vídeo) A Confederación Hidrográfica investiga o vertido da cidade deportiva do Celta tras a denuncia de Ecoloxistas en Acción

Este martes, representantes de Ecoloxistas en Acción, xunto con membros das traídas de auga...

A atleta viguesa Susana Rodríguez, unha das nove “Barbie” que homenaxean a deportistas

'Mattel' anunciou este mércores o lanzamento de nove bonecas exclusivas 'Barbie' coas que renderá homenaxe a nove deportistas de...