InicioSucesosO TSXG confirma a sentenza a tres anos de cárcere a un...

O TSXG confirma a sentenza a tres anos de cárcere a un vigués por traficar con heroína

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de confirmar a sentenza que condena a tres anos de cárcere e unha multa de 465 euros a un acusado de traficar con heroína en Vigo.

Na sentenza considéranse feito provado que se dedicaba a abastecer de estupefacientes a persoas que acudían ao seu domicilio en Vigo. Tratábase de heroína cunha pureza de entre o 34 e o 61%, posto que a adulteraba con paracetamol e cafeína.

Nun rexistro no seu domicilio incautáronse sete teléfonos móbiles, un envoltorio de papel de aluminio que contiña restos de heroína, unha bolsita branca contendo heroína cun peso neto de 0.32 gramos e un valor de 105 euros, tres boliñas contendo no seu interior cannabis cun peso neto de 9.843 gramos e un valor de 48 euros, ademais de metadona, así como instrumentos para a pesada e corte da substancia, como son dúas básculas de precisión, varios recortes de plástico, tres navallas con restos de substancias e 401 euros en efectivo, en distintos billetes e moedas.

Pero o acusado recurriu a sentenza ditada pola Sección 5º da Audiencia Provincial de Pontevedra posto que segundo a súa versión “non quedou probado que levase a cabo a venda de drogas”.

Estando demostrada a presencia de toxicómanos nos arredores e a súa entrada no lugar, o acusado defendíase alegando que o edificio é “conflitivo”, pero o xulgado considerou que isto só se debía á súa presenza e que mesmo está probado que chegaron a trimbalo a el nunha transacción.

Os clientes saían do edificio con droga e sendo interceptados pola policía, razón de peso para o tribunal aínda que non se puidera demostrar que entraran nel cos petos baleiros.

Ademais, foron consolidadas válidas as declaracións dos policías, así como probatorio o achado na vivenda, ao que hai que engadir que o acusado contradeciuse nunha parte da súa defensa, así como que “non puido demostrar ser consumidor de heroína” a pesar de tela na casa. Polo tanto, desestimouse o recurso.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...