InicioSociedadeA AP-9 rexistra retencións nas inmediacións do Ifevi para acceder á cabalgata...

A AP-9 rexistra retencións nas inmediacións do Ifevi para acceder á cabalgata dos Reis Magos

O Concello e Vitrasa, para facilitar o acceso ao recinto reforzaron, desde as 10:00 horas, as liñas de autobús.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A AP-9 rexistra retencións nas inmediacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) onde se celebra a cabalgata estática dos Reis Meigos. Segundo a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), hai retencións desde o quilómetro 159 en Becerreira ao quilómetro 157 en Cernades, en dirección ao aeroporto.

O motivo é a cabalgata das súas maxestades de Oriente que, por mor da choiva, reciben aos máis pequenos no Ifevi desde as 11.00 horas deste domingo. Por iso, o Concello e Vitrasa, para facilitar o acceso ao recinto reforzaron, desde as 10.00 horas, as liñas de autobús. Ademais, a concesionaria engadiu catro frecuencias á liña A que conecta o centro urbano co aeroporto.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...