InicioSociedadeVigo reforza a liña de autobús con Ifevi para facilitar a asistencia...

Vigo reforza a liña de autobús con Ifevi para facilitar a asistencia á cabalgata dos Reis Meigos

Caballero animou aos cidadáns a que acudan á cabalgata "de forma graduada" ao longo do día para "evitar aglomeracións".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Cabellero, anunciou un reforzo na liña de autobús con Ifevi para facilitar a asistencia á cabalgata dos Reis Meigos que este ano, por mor da choiva, terá lugar no recinto feiral.

Por iso, ampliarán, desde as 10.00 horas do domingo, o servizo con “tres autobuses oruga” que partirán do centro e deixarán aos usuarios na porta do Ifevi.

Así mesmo, “en caso de haber demanda” entrarán en servizo “dous autobuses adicionais”. Caballero animou aos cidadáns a que acudan á cabalgata “de forma graduada” ao longo do día para “evitar aglomeracións”.

Pola súa banda, Vitrasa reforzou a liña A, que conecta o centro urbano co aeroporto, con catro frecuencias. Desta forma, estas liñas circularán entre a rúa Colón e o recinto feiral, en ambos os sentidos.

O horario de visita da cabalgata será de 11.00 a 14.00 horas pola mañá, e de 17.00 a 20.00 horas pola tarde. Ademais, ás 19.00 horas, celebrarase o tradicional acto de entrega das ‘chaves’ de Vigo por parte do alcalde.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...