InicioSucesosA curiosa historia do mozo barcelonés que pintaba graffitis de amor romántico...

A curiosa historia do mozo barcelonés que pintaba graffitis de amor romántico en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha patrulla da Policía Local de Vigo desprazouse á rúa Médico José Mato, á altura do numero 12, debido a que unha persoa estaba a facer grafitis algo antes da unha da mañá deste luns.

Unha vez no lugar, os actuantes observaron como un individuo novo pintaba sobre un muro, quen tras ser identificado resultou ser B.M.A, un home de 23 anos de idade, nacido en Badalona e domiciliado en Barcelona.

Ao ser preguntado o motivo polo que estaba a pintar o muro, este manifestou que pasaba bastante tempo en compañía dunha moza nese lugar, “e quería poñer un pouco de romanticismo con frases bonitas na parede”.

Os actuantes déronlle ata as 06:00 horas do día da data para volver pintar a parede como estaba na súa forma orixinal e no caso de que non fose capaz de facelo procederían á denuncia polos devanditos feitos.

Sobre as 04:40 horas, os axentes volveron pasar polo punto, e observaron que a parede estaba completamente pintada de branco, aínda mellor do que estaba, motivo polo que non procederon á denuncia.

O romanticismo deste mozo puido custarlle caro… mais rectificou a tempo.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...