InicioDeportesCardoso non podía comezar peor: confunde o Celta co Deportivo na súa...

Cardoso non podía comezar peor: confunde o Celta co Deportivo na súa presentación

Miguel Cardoso parece non ter esquecido o seu pasado deportivista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os ultras e boa parte dos afeccionados a este deporte quéixanse do que chaman ‘fútbol moderno’, cando os millóns móvense entre un equipo o outro e os cartos, que compran todo, importan máis que as cores.

Os futbolistas semellan só traballadores con salarios de excepción, que traballan para o mellor postor. Algún ata di ‘mercenarios’. E pode ocorrer, ironicamente, que lle afecte máis a marcha dun equipo á afección que a un futbolista que pense máis no beneficio persoal.

Por iso son tan queridas persoas como Iago Aspas, que si que é certo que marchou ao Sevilla e o Liverpool no seu momento, pero volveu a amosar un celtismo intachable nesta a súa segunda venida, cando podería estar cobrando o dobre ou xogando campeonatos de maior categoría como a Europa League ou a Champions.

Aspas tamén ten avivado a eterna disputa entre o Celta e o seu histórico rival, o Deportivo. Lonxe de querer con isto defender a violencia no fútbol, ou o rancor, certa rivalidade ben entendida dá un tono de cor máis a este deporte.

Polo tanto é lóxico que o pasado deportivista do novo adestrador do Celta, Miguel Cardoso, non sexa plato de bo gusto para tódolos padales do celtismo, sen resultar determinante se acompañan sensacións e resultados.

Pero o que de verdade xa comeza a complicar as cousas é que na súa presentación Cardoso confunda ‘turcos’ e ‘portugueses’. Imaxinan que Valverde se presentara como adestrador do Real Madrid?

Sorprende tamén a mirada fría de Mouriño aínda cando o seu novo elixido comete tal erro. Queda paixón no Real Club Celta? As primeiras palabras do novo ‘míster’: “Obrigado ao presi, moi obrigado á dirección deportiva, por acreditarme a min e ao meu equipo técnico para comezar un novo proceso no Real Club Deportivo de C… Real Club Celta”.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...