InicioPolíticaElena Muñoz defende que as parroquias e os pequenos comercios son os...

Elena Muñoz defende que as parroquias e os pequenos comercios son os ‘grandes abandonados’ de Vigo

Ademais, queren que o abastecemento de auga se considere como 'asunto de interese xeral'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz popular, Elena Muñoz, presentou esta semana as emendas do seu grupo municipal ás contas de 2019.“A emenda á totalidade xa a faremos cando presentemos o noso proxecto de cidade”, continuou, subliñando que con estas alegacións pretenden “ser construtivos e completar cuestións que nos parecen importantes”.

Así, e en primeiro termo, a popular defendeu a necesidade de baixar impostos aos vigueses, cunha redución xeral do 5% nas taxas e impostos municipais para 2019, que se eleva ata o 25% no caso da taxa do lixo.

“Queremos que haxa bonificacións fiscais para as familias, para os que menos teñen, para que as empresas poidan crear postos de traballo, e para o noso comercio”, recalcou, reiterando a aposta do PP de Vigo por unha bonificación do 99% nas taxas dos comercios afectados polas humanizacións.

Sobre esta base, Elena Muñoz avogou por mellorar os investimentos, destinando máis de 5,5 millóns a reparar os paseos de Bouzas e das Avenidas; rexenerar a contorna de Samil; mellorar Clara Campoamor e a contorna de Praza de Compostela; e a humanizar as parroquias, “que son as grandes abandonadas esta cidade”, e para as que propuxo un plan de mellora de infraestruturas e servizos.

“Que non haxa nin un euro para estes dous proxectos demostra que non existe o máis mínimo interese do goberno local por sacalos adiante. Nós propuxemos que, como no Barrio do Cura, se faga unha modificación puntual do Plan Xeral do 93 e se poidan acometer ambas as obras”, acrecentou.

A portavoz popular priorizou tamén o investimento no abastecemento de auga potable, con 1,5 millóns para a modernización da ETAP de O Casal e coa proposta dun convenio co Estado por 20 millóns para a mellora da devandita infraestrutura.

“Son actuacións que non debe afrontar só o Concello. Por iso propuxemos, e apoiounos o Parlamento galego, que se declare de interese xeral o abastecemento de auga de Vigo, o que permitiría acceder a fondos estatais e europeos”, detallou.

Así mesmo, Elena Muñoz apostou por destinar máis de 1 millón de euros a promoción de emprego e acción social –“temos máis de 60.000 persoas por baixo do limiar da pobreza-; á vez que demandou preto de 800.000 euros para colaborar co comercio local: “Cada día pechan novos comercios angustiados polos impostos; por priorizar outras cuestións como as luces de Nadal, pero ten que haber un plan específico de dinamización e modernización do comercio local os 12 meses do ano, con axudas aos comerciantes”.

No ámbito cultural, a candidata popular propón destinar 400.000 euros para impulsar, en primeiro lugar, un ‘Plan de actividades culturais de promoción do Camiño Portugués. Xacobeo 2021’. Ademais, expuxo activar un plan de promoción das industrias culturais; impulsar un proxecto dixital de promoción da rede museística de Vigo; ou traballar pola recuperación de grandes eventos internacionais, para o que propuxo destinar 250.000 euros.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...