InicioSociedadeAcusado de violar a unha menor "ata catro veces á semana" enfrontará...

Acusado de violar a unha menor “ata catro veces á semana” enfrontará doce anos de prisión

Dado que a vítima destes feitos faleceu en 2021, recolle Fiscalía, a indemnización de 15.000 euros que solicitan para ela entregarase "aos seus herdeiros".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará a próxima semana a un home acusado de violar repetidamente a unha menor coa que gardaba unha relación de parentesco. En concreto, a vista, que foi suspendida fai máis dun ano, está fixada para luns 9.

Os feitos que se inclúen no escrito de acusación remóntanse aos anos 2016 a 2019, un período no que o procesado, segundo o escrito fiscal, agrediu sexualmente de forma “reiterada” á menor, “ata catro veces por semana”, no domicilio familiar no que convivían.

Por iso, o Ministerio Público pide para el 12 anos de prisión, así como a privación e inhabilitación do dereito de exercer a patria potestade durante 8 anos, e a prohibición de desempeñar unha profesión que implique o contacto con nenos por un tempo de 18 anos. Dado que a vítima destes feitos faleceu en 2021, recolle Fiscalía, a indemnización de 15.000 euros que solicitan para ela entregarase “aos seus herdeiros”.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...