InicioSociedadeA veciñanza de Teis critica o abandono da vía do ferrocarril

A veciñanza de Teis critica o abandono da vía do ferrocarril

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Veciñal de Teis está a esixir a limpeza da vía do ferrocarril en Teis. Esta Asociación asegura ter solicitado por escrito ao Concello no mes de xullo e outubro a limpeza desta vía ao goberno municipal, sen recibir ningunha resposta.

O pasado mes de abril Adif cedeu a vía do ferrocarril sen uso que vai até a estación de Urzaiz, co obxectivo de realizar unha senda verde.

“Esta vía atopase abandonada desde hai anos, e a veciñanza quéixase da abundante vexetación, da presenza de ratas“, recollen desde a Asociación.

Aseguran que incluso “hai tramos con vivendas moi próximas, o que xa obrigou nestes anos a limpeza da vía nalgún punto pola propia veciñanza para evitar que lle chegue o mato ás vivendas, logo de reiteradas denuncias da veciñanza e da Asociación”.

Hai meses que foi anunciado o proxecto da senda verde, mentres tanto, a Asociación de Veciños defende que “até que se execute está obra, o Concello terá que encargarse do mantemento deste espazo cedido e que na actualidade provoca molestias á veciñanza”.

ÚLTIMAS

Radiólogos de Vigo ven “insuficiente” a proposta de reforzo do Sergas e convocan unha concentración o luns 20

Radiólogos de Vigo cualificaron de "insuficiente" a proposta de reforzo exposta polo Servizo Galego de...

O comité da auxiliar de automoción Borgwarner convoca folga indefinida a partir do 15 de outubro

O comité de empresa da auxiliar de automoción Borgwarner, con centros de traballo en Vigo,...

Estas son as prazas aprobadas pola UVigo na súa OPE 2025 para persoal docente e investigador e de xestión e administración

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este venres a súa oferta pública...