A Can We Run é unha carreira con mascotas moi especial e que xa visitou este ano Xixón, Zamora, Benavente, Málaga e Alicante; e esta fin de semana achegouse a Vigo para encher o parque de Castrelos nunha emocionante xornada de deporte, saúde e agarimo polos nosos mellores amigos.

O evento contou cunha carreira conxunta entre cans e os seus donos e demostracións coma as de ADA, agrupación que se encarga de intervencións asistidas con animais, como indican as súas siglas.

Pero por riba de todo a maior demostración foi a do agarimo e o respecto por estes fabulosos animais.
Que, dende logo, corren máis ca nós…
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, estivo presente na entrega de premios.
Velaquí o resto de fotografías do evento que sacou o noso fotoxornalista Miguel Núñez:
Compartir:
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Share on X (Se abre en una ventana nueva) X
- Share on LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
- Share on Telegram (Se abre en una ventana nueva) Telegram
- Share on WhatsApp (Se abre en una ventana nueva) WhatsApp
- Share on Mastodon (Se abre en una ventana nueva) Mastodon
- Share on Bluesky (Se abre en una ventana nueva) Bluesky
