InicioDeportesAspas, "cirurxián" do gol, comeza a semana como Pichichi da Liga Santander

Aspas, “cirurxián” do gol, comeza a semana como Pichichi da Liga Santander

PUBLICADO O

- Advertisement -

O “hat-trick” que Iago Aspas, príncipe das bateas, anotou esta fin de semana en Balaídos deixou para o recordo unha galería de imaxes que representan a máxima concentración, técnica e precisión e que farían tolear aos artistas da Grecia clásica, que soñarían con emular os seus escorzos no mármore.

O equipo celeste no seu conxunto amosou solidez, el deixou goles imposibles deses que dignifican ao rival. Todo Balaídos vibrou, se cadra excepto Mouriño. Desde o palco unha mirada fría coroaba o rostro pétreo do presidente do Celta.

Aspas no Celta- Eibar/ Liga Santander

Tampouco saltaba de ledicia Mohamed, tal vez pensando aínda naquilo de “que me queiran para poder gañar, non ter que gañar para que me queiran”. Pode que no fútbol profesional, que desata tantas paixóns, move millóns de euros e mobiliza miles de persoas, non haxa lugar para o verdadeiro amor. O celtismo ten algo de relixión, pero non todo: a fe sen milagres non dura nada.

Aspas no Celta- Eibar/ Liga Santander

Regresando de novo co protagonista da velada, Iago Aspas comeza a semana como líder do pichichi, con 8 goles. Leva máis que Messi, máis que CR7 na Serie A italiana. Pero polo momento o moañés aínda non gañou un posto “de tranquilidade” no combinado nacional.

Aspas no Celta- Eibar/ Liga Santander

Grazas a goles coma estes, o Celta sae de terreos pantanosos. Está décimo na clasificación, pero a só tres puntos de Europa, o gran obxectivo na retina do celtismo despois daquela épica Europa League da que só nos puido desbancar o Manchester United pola mínima.

Aspas no Celta- Eibar/ Liga Santander

Na táboa de goleadores, empata Christian Stuani (Girona) con Aspas, ambos en 8 goles. Con 7 André Silva (Valencia) e os barcelonistas Messi e Luís Suárez, que destacou no último clásico con outro “hat-trick”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...