InicioEconomíaO BNG de Vigo: "O desemprego está a cronificarse"

O BNG de Vigo: “O desemprego está a cronificarse”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos da Enquisa de Poboación Activa referidos ao terceiro trimestre do presente ano son, no referido á cidade de Vigo, “pésimos e inmensamente preocupantes”, criticou o candidato do BNG á alcaldía, Xabier P. Igrexas.

Segundo a estatística oficial, na cidade olívica destruíronse por volta de 2.600 postos de traballo en relación ao anterior trimestre, e son xa 9.300 empregos menos que na mesma altura do ano 2009, tal e como recollen as cifras de poboación ocupada.

Para a fronte nacionalista resulta especialmente preocupante que “só nos tres últimos tres meses se destruíran 1.000 empregos nas actividades industriais e outros 300 no sector da construción”.

En total, nos últimos nove anos, a serie histórica recolle que a industria viguesa perdeu 8.200 postos de traballo, e a construción 2.200. Neste sentido, o Bloque advirte de que a redución en 1.300 persoas paradas no último trimestre non se corresponde –tal e como recolle a propia EPA– coa creación de emprego e alerta do aumento da poboación inactiva, que engadiu 4.100 persoas só no último trimestre.

“Pode que as enquisas reflictan que hai menos xente parada, pero o importante e grave é que hai moita menos xente traballando que antes”, contrapoñen.

“Son datos dunha gravidade extrema que volven confirmar que o desemprego está a cronificarse na nosa cidade e que a desertización industrial avanza a toda velocidade, o que inviabiliza unha recuperación económica real, e seguirá a agudizar o crecente empobrecemento social”, resume Pérez Igrexas.

O candidato nacionalista reclama que o novo Goberno español “bote abaixo as reformas laborais e da negociación colectiva que só serviron para facilitar o despedimento, destruír emprego, empobrecer salarios e precarizar as condicións laborais”.

Igrexas demanda un “plan de choque” que implique a todas as administracións “para evitar que unha cidade que temos todas as condicións para volver ser un verdadeiro pulmón industrial do país acabe esmorecendo a nivel produtivo”.

“Non pode ser que as únicas opcións laborais que haxa en Vigo sexa o emprego ultraprecario e mal pago no sector servizos ou a emigración”, remachou.

ÚLTIMAS

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...