InicioMedio Ambiente e PatrimonioAnimalistas piden á Xunta que reconvirta Vigozoo nun Centro de Rehabilitación Animal

Animalistas piden á Xunta que reconvirta Vigozoo nun Centro de Rehabilitación Animal

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber expuxeron este xoves pola mañá a posibilidade de que o Proxecto de Orzamentos da Xunta de Galicia asuma o proceso de reconversión do parque zoológico de Vigo cara a un novo espazo de recuperación de animais silvestres, que se convertería no primeiro da comunidade destas características.

Os animalistas estiman que sería necesario, en 2019, un investimento de ao redor dun millón de euros para adaptar as instalacións e ampliar algunhas delas, para facilitar ademais o traslado daqueles animais que puidesen vivir en “santuarios especializados”, como podería ser o caso dos felinos alí aloxados.

Oso agardando no Zoo de Vigo/ Miguel Núñez

Neste sentido, FFW e LIBERA! subliñaron “a urxencia de que Vigozoo asuma o seu novo e obrigado papel, unhas instalacións que non dan máis de si, onde se chegaron a organizar “aniversarios”, parecéndose máis a un circo estable que a un lugar onde supostamente existen programas de conservación”, denuncian.

Os defensores dos animais explican como antigos zoológicos noutras partes do mundo, como o Ecoparque de Mendoza, en Arxentina, están xa adestrando a algúns dos animais para o seu traslado a un santuario especializado en Brasil, como sucederá nos próximos meses cos últimos catro elefantes que permanecen no municipio arxentino.

Con agarimo/ Miguel Núñez

O Centro de Rehabilitación Animal de Vigo é unha proposición que os colectivos animalistas esperan que se faga realidade nun futuro próximo. Unha plataforma de acollida para aqueles animais rescatados do tráfico ilegal, comisos de coleccións “particulares” ou colaboración en intervencións nos países de orixe dos propios animais, “fomentando unha verdadeira conservación “in situ”.

Tartaruga no zoo/ Miguel Núñez

Seguindo esta liña, ambas organizacións exporán aos grupos políticos e ao propio executivo autonómico a inclusión do investimento necesario para iniciar o procedemento administrativo e técnico de parque alternativo ao modelo actual.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...