InicioSociedadeDetido en Vigo un septuaxenario por unha presunta agresión sexual á súa...

Detido en Vigo un septuaxenario por unha presunta agresión sexual á súa parella

O home presuntamente a obrigou a manter relacións sexuais sen o seu consentimento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este venres a un home de 74 anos de idade, J.G.G., como presunto autor dun delito de agresión sexual no ámbito da violencia de xénero, por tratar de obrigar á súa parella a manter relacións sexuais sen o seu consentimento.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a pasada madrugada, cando o home e a súa parella se atopaban no interior dun coche, de volta a casa. Ao chegar á altura do domicilio da muller, iniciouse unha discusión e o home detivo o vehículo. Cando estaban detidos, continuaron a discusión e o home propuxo á súa parella manter relacións sexuais, ao que ela se negou. Entón, o home comezou a manosearlle os peitos, a pesar de que ela lle repetiu varias veces que parase.

Ao ver que a súa parella non depuña a súa actitude, a muller saíu do coche e o home seguiuna, empuxándoa e provocando que caese ao chan, motivo polo que sufriu unha lesión nun xeonllo e chamou á Policía.

Tras escoitar a versión a muller, os axentes entrevistáronse co home, que negou os feitos, e que afirmou que tiveran unha discusión e a muller reaccionara mal porque el lle comunicara que quería romper a relación. Con todo, os policías procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...