InicioMovementos SociaisO sindicato CUT celebra a súa vitoria de 50.000 euros contra PSA...

O sindicato CUT celebra a súa vitoria de 50.000 euros contra PSA por vulnerar o dereito á folga

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato Central Unitaria de Traballadores (CUT), que convocou unha folga nas instalacións de PSA Vigo o 5 de maio de 2015, vén de gañarlle a partida á multinacional PSA, cunha sentenza que obriga a esta coñecida marca francesa a pagarlle 50.000 euros ao sindicato e 457 a cada traballador participante na folga por vulnerar o seu dereito á mesma.

Desde o sindicato CUT acusan á empresa de “exercer a táctica da mafia: ameazar, amedrentar e impedir o desenvolvemento dun dereito fundamental argumentando que era unha folga ilegal”.

 

“Aconteceu algo co que PSA non contaba porque está acostumada a que as institucións públicas, sexan as que sexan, lle rendan tributo, pero desta vez perdeu. A xustiza, e xa é firme, condena a PSA pagarlle 50.000 á CUT por vulneración do dereito de  folga, e a cada traballador que fixo a mesma 457 euros polo mesmo motivo”, subliñan.

“A PSA non lle importa ter que perder 50.000 euros a cambio de poder extorsionar e ameazar a quen traballa para que eles sexan ricos, pero si lle preocupa moito ter que pagarnos uns salarios dignos, esa é a súa ideoloxía”, consideran desde a CUT.

Para este sindicato, “PSA ten moi clara a súa ideoloxía á hora de manexar os cartos, leva anos actuando coa complicidade dos sindicatos amarelos, recortando as ganancias da clase traballadora co único obxectivo de aumentar a súa marxe de beneficio. Neses recortes xogan coa nosa saúde, coa nosa dignidade e cos nosos petos”.

ÚLTIMAS

O Xulgado critica a falta dun plan de inspeccións de atracións do concello de Vigo tras o accidente do ‘Saltamontes’

O xulgado de instrución número 3 de Vigo, que investiga as circunstancias do accidente...

Vigo prepara o seu Nadal masivo: novo plan de tráfico con tres niveis segundo a afluencia

O Concello de Vigo presentou este martes o plan de tráfico que rexerá durante...

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...