InicioEconomíaA Xunta lamenta a "discriminación" do Goberno a Galicia ao non conceder...

A Xunta lamenta a “discriminación” do Goberno a Galicia ao non conceder axudas do Perte a Stellantis

María Jesús Lorenzana denuncia que só un 2% do total do fondo do Perte VEC foi a parar a Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, lamentou a nova “discriminación” que supón, ao seu xuízo, que o Goberno central non concedese tampouco axudas a Stellantis Vigo na resolución provisional da liña B da segunda convocatoria do Perte do Vehículo Eléctrico e Conectado (Perte VEC), vinculados á cadea de valor industrial do vehículo eléctrico.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, Lorenzana criticou esta situación, afeando ao Executivo central, ao PSOE e ao alcalde da cidade olívica, Abel Caballero, as súas “falsas promesas” en campaña electoral, facendo fincapé en que o rexedor, hai dúas semanas nunha feira do automóbil de Vigo, continuaba insistindo en que se trataba dun “compromiso persoal” que a fábrica viguesa da multinacional automobilística recibise subvencións do Perte.

“Están a faltar á súa palabra e non cumpren o seu compromiso con Vigo. É gravísimo que o alcalde asegurase aos vigueses que vai chegar a axuda cando resulta que é todo o contrario”, indicou a conselleira, preguntándose se Caballero non ten capacidade para defender Vigo ante o Goberno socialista ou nin sequera a el le están contando a verdade e está “desinformado”.

Lorenzana apuntou a que só un 2% do total do fondo do Perte VEC foi a parar a Galicia, a pesar de que a Xunta continúa traballando para que cheguen máis axudas. Neste sentido, referiuse a que na primeira quincena de abril resolverase (tras ser lanzada en outubro) a primeira convocatoria autonómica para proxectos de fábrica intelixente, que conta cun orzamento de 19 millóns de euros e onde Stellantis, a través dun consorcio, presentou proxectos de I+D+i.

“A mesma celeridade da Xunta para que cheguen as axudas é o que lle reclamamos ao PSOE e ao Goberno, que se deixen de promesas falsas e ao alcalde de Vigo, menos falar e máis actuar”, criticou, subliñando que as empresas “non viven das palabras do alcalde ou de promesas electorais”.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...