InicioSociedadeCase o 60% do alumnado da Universidade de Vigo sufriu acoso en...

Case o 60% do alumnado da Universidade de Vigo sufriu acoso en Instagram pero só o 17% o denunciou

Un estudo elaborado no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo así o recolle.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Case o 60% do alumnado da Universidade de Vigo se viu sometido a episodios de acoso na rede social Instagram, pero só o 17% chegou a denuncialo. Así o recolle un estudo elaborado no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo elaborado pola profesora de Comunicación Audiovisual da UDC Teresa Piñeiro e o profesor de Comunciación da UVigo Luís Xabier Martínez Rolán.

Este equipo traballa agora noutra investigación centrada en profundar en que se esconde detrás destas situacións, para o que organizaron grupos de discusión compostos por 44 estudantes de varios ámbitos, das cales 33 son mulleres.

O obxectivo, segundo recolle un comunicado da UDC, é “coñecer as experiencias e percepcións de toxicidade e violencia dixital” para coñecer como os estereotipos de xénero “poden ter un impacto profundo na autopercepción e autorrepresentación”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...