InicioMovementos SociaisNon hai paz en Vitrasa: "Utilizan a eventualidade para esquivar a contratación...

Non hai paz en Vitrasa: “Utilizan a eventualidade para esquivar a contratación indefinida”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sindical da CIG en Vitrasa rexeita o preacordo acadado por CCOO e UGT coa dirección, porque, segundo defenden, “non satisfai ningún dos puntos reivindicativos acordados na asemblea de traballadores do pasado 29 de setembro”.

Denuncian que “se retiraron as medidas de presión en forma de paros a cambio dun cheque en branco á empresa que non resolve os problemas do colectivo de condutores”.

Desde a central nacionalista critican un preacordo “que rebaixa notabelmente as reivindicacións iniciais e que prolongará no tempo as eivas no servizo”. Neste sentido, critican que se “desaproveitase” unha “oportunidade histórica para avanzar en dereitos”.

Actualmente abónanse a diferente prezo aos traballadores segundo a súa antigüidade na empresa. A solicitude do comité foi un prezo único “que favorecese a todo o persoal, xa que abonándoas a diferente prezo a empresa ía cargar de horas ao persoal eventual, o máis desprotexido, xa que a súa situación precaria na empresa non lle permite negarse a calquera petición que formule Vitrasa”.

“Pero CC.OO, UGT e a empresa acordaron continuar a abonalas no prezo actual, mantendo a fenda salarial entre o persoal”, salienta a central sindical.

Autobus Urbano
Tarxeta Vitrasa /Miguel Nuñez

Subliñan desde a CIG que Vitrasa “utiliza a eventualidade para esquivar a contratación indefinida e evitar o pago do complemento de antigüidade a este persoal, o cal o comité de empresa denunciou en Inspección de Traballo”.

En canto a traballadores despedidos, CCOO, UGT e empresa acordaron no preacordo a incorporación inmediata do persoal eventual en fraude de lei (9 traballadores) e dun compañeiro eventual desde 2012 ao que Vitrasa non volveu renovar o contrato o pasado mes de xullo.

Incorporarase ao restante persoal eventual por antigüidade sempre que as valoracións internas da empresa sobre o traballador sexan favorables, a igualdade de valoracións incorporación por antigüidade. Unhas valoracións, denuncian desde a central, “baseadas unicamente en criterios que establece a empresa unilateralmente e facilmente amañables”.

O persoal de condución de Vitrasa reclama un réxime de traballo onde se contemplen unha serie de descansos, unha redución das xornadas e unha adecuación das velocidades de traballo, así como baños dispoñibles.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...