InicioMovementos SociaisUn videoclip para normalizar a sexualidade das persoas con parálise cerebral: "Non...

Un videoclip para normalizar a sexualidade das persoas con parálise cerebral: “Non mires a outro lado”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) e todo o colectivo de persoas con parálise cerebral celebrarán este mércores día 3 de outubro o Día Mundial da Parálise Cerebral en Vigo.

Con tal motivo, levararán a cabo a partir das 12:00 horas e diante da porta do Marco unha serie de actividades de sensibilización centradas na campaña afectivo-sexual “Non mires a outro lado”, pola que realizaron tamén un videoclip.

Esta campaña ten como obxectivo ampliar o concepto de sexualidade, reivindicando que non só se limita ao erotismo, senón que tamén significa intimidade, debido a que ocorre en espazos da vida diaria como no vestido, o desvestido e o aseo diario das persoas con parálise cerebral.

 

Dentro dos actos planificados, familiares, profesionais, nenos, nenas, homes e mulleres de APAMP, levarán a cabo a lectura dun manifesto que foi elaborado polas persoas que forman parte, dentro da entidade, do comité afectivo sexual. Darán a coñecer as súas reivindicacións, demandas e desexos ao redor deste tema.

Tras a lectura, usuarios da entidade realizarán un Flashmod coa canción central da campaña. A maiores, e coa finalidade de darlle visibilidade á campaña, colocarán ás estatuas máis emblemáticas da cidade unha venda co hashtag “ MiraDeFrente”.

Lema/ APAMP

 

No acto contarán coa presenza da xerente da entidade, Concepción Somoza, así como a concelleira do Partido Popular, Elena González. e está pendente de confirmar a presenza dalgún concelleiro por parte do Concello de Vigo.

Ademais da viralización da campaña en redes sociais, durante este mércores terán lugar en diferentes puntos do país varias actividades e iniciativas das 85 entidades que forman parte do Movemento.

Apamp

A nivel galego, levarán a cabo actos nas principais cidades galegas, como Coruña, Villagarcía de Arousa, Pontevedra e Lugo, sendo organizadas por ASPACE Coruña, Amencer ASPACE e ASPACE Lugo respectivamente.

Desde o Movemento ASPACE afirman que é fundamental lexitimar a nudez das persoas con parálise cerebral e contemplala como a de calquera persoa que non ten discapacidade, xa que se trata de algo íntimo e non pode ser compartido con calquera persoa.

A campaña destaca tamén o dereito á intimidade das persoas con grandes necesidades de apoio para que poidan construír a súa forma de expresar emocións. O eixo central da campaña ‘Non mires a outro lado’ é unha canción creada para a campaña polo grupo ‘ Ravioli Makers’.

Ademais conta cun anuncio, que foi distribuído entre as principais televisións nacionais e autonómicas, e un videoclip con mensaxes reivindicativas para eliminar ideas preconcibidas e concienciar á poboación sobre a importancia de normalizar a sexualidade e afectividade en parálise cerebral. 

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...