InicioVigo e contornaVigoPatricia García, recoñecida pola UVigo pola súa traxectoria profesional no mundo empresarial

Patricia García, recoñecida pola UVigo pola súa traxectoria profesional no mundo empresarial

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo entregou onte os seus Premios Alumni UVigo cos que busca impulsar e recoñecer a excelencia de antigos alumnos e alumnas da súa institución. Nesta edición o premio á Traxectoria Profesional recaeu en Patricia García, presidenta institucional de Femxa, entidade con máis de 20 anos de experiencia, especializada en consultoría e formación para o emprego.

A directiva foi recoñecida pola súa traxectoria empresarial de referencia para outros profesionais, pero tamén por ser exemplo de talento feminino, servindo de inspiración para as novas xeracións de mulleres. Entre os éxitos profesionais destacados na súa candidatura está o ser a primeira muller en presidir o Círculo de Empresarios de Galicia durante tres anos, así como presidir a Asociación de novos empresarios e empresarias, onde Patricia segue colaborando activamente prestando asesoramento e apoio a novos emprendedores e emprendedoras.

QUEN É PATRICIA GARCÍA GONZÁLEZ?

Patricia García González é licenciada en Filoloxía Inglesa na Universidade de Vigo e Experta en Desenvolvemento de Metodoloxías en Formación e-learning pola UNED. Na Universidade soñaba con ser profesional pero pronto descubriu a súa inquietude polo mundo empresarial.

Por iso, xunto aos seus socios, creou Femxa hai máis de 20 anos. Actualmente a compañía, que é referente nacional no seu sector, está composta por 8 entidades e conta cun persoal de máis de 400 persoas.

“Foi un comezo moi duro compaxinar o lanzamento empresarial con ser nai, xa que tiven á miña primeira filla con 24 anos”. Actualmente, Patricia é nai de tres fillos e ocupa o cargo de Presidenta Institucional de Femxa. Ademais adica parte do seu tempo a apoiar a outros emprendedores, colaborando activamente con diferentes asociacións como AJEGalicia.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...