InicioPolíticaA Xunta defende que o seu aparcadoiro no Cunqueiro é "o máis...

A Xunta defende que o seu aparcadoiro no Cunqueiro é “o máis barato de todo Vigo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, trala inauguración por parte do Concello de Vigo do aparcadoiro municipal no Hospital Álvaro Cunqueiro (gratuíto, mais só para os vigueses), defendeuse das declaracións desta mañá do alcalde vigués, e asegurou que “o aparcadoiro da Xunta é de pago pero máis barato que tódolos que hai pola cidade, competencia do Concello”.

Ademais, tamén engadiu a Xunta que aparcar “non é máis barato en ningún hospital de Galicia”, e que aínda agardan polas 2.824 prazas de “aparcadoiro disuasorio” municipal que estaban previstas na contorna do hospital e que “se contemplaban no proxecto sectorial de 2008, que eran competencia do Concello de Vigo”.

“Tras tres anos de atraso, o Concello abre un aparcadoiro de 400 prazas”, criticou o ente autonómico, que asegurou que o aparcadoiro municipal dista ademais case medio quilómetro do edificio do Hospital.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...