InicioPolíticaEn Marea critica a inversión millonaria para o Nadal "nunha cidade cun...

En Marea critica a inversión millonaria para o Nadal “nunha cidade cun 21% de pobreza familiar”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal da Marea de Vigo vén de cualificar como “indecente” o gasto  “desorbitado” do Concello de Vigo na campaña de Nadal e lembra que “imos ter ‘secuestrados’ durante 4 anos un importe superior aos 4 millóns de euros só en alugar luces de Nadal”.

“É obsceno que nunha cidade cun 21% de pobreza familiar sumados todos os importes económicos poida rozarse os 2 millóns de euros de gasto (luces, adornos decorativos, cabalgata e programas de dinamización do comercio)” incidiu Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo.

Luces de Nadal en Vigo / Miguel Núñez.
Luces de Nadal en Vigo / Miguel Núñez.

Para a Marea de Vigo é necesario reconsiderar gran parte deste gasto, reducindo importes dos recursos económicos consignados e recuperando material que no seu día adquiríu o concello, “material por certo que aínda alguén terá que explicar onde acabou porque non figura no inventario municipal a pesar de ser unha adquisición pública”, sinala Pérez.

“Do mesmo xeito -engade-, poderíase fomentar a participación do deseño do alumeado e dos adornos de rúa na comunidade escolar de Vigo, como fan en moitas grandes capitais. Entregar millóns de euros a unha empresa é o fácil, o outro require un goberno con ideas e iniciativa agora ausente na cidade”, subliñaron.

o marisquiño, fóra do plan de emerxencia municipal

Marea de Vigo tamén reclamará no Pleno a actualización do Plan de Emerxencia Municipal, “que soamente recolle grandes concentracións de persoas no caso da Reconquista, Festival de Rondallas, Día da Muiñeira, Cabalgata de Reis, Entroido, Semana Santa e concertos puntuais que se poidan celebrar”.

Luces de Nadal en Vigo / Miguel Núñez.
Luces de Nadal en Vigo / Miguel Núñez.

“Nin tan sequera aparece mención ao Marisquiño, cando este leva realizándose 18 anos. Non existe absolutamente nada planificado ante avalanchas ou emerxencias nas zonas céntricas da cidade, dando a imaxe do modelo de goberno que Abel Caballero organiza co ‘ordeno e mando’ por enriba das cautelas e a planificación de actuacións desta dimensión”, concluíu Rubén Pérez.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...