InicioPolíticaCaballero di que pode ser posible co Goberno de Sánchez unha "gran...

Caballero di que pode ser posible co Goberno de Sánchez unha “gran biblioteca do Estado” en Vigo

O alcalde asegura que conta co apoio de Cultura para relanzar o museo Marco

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abel Caballero, alcalde de Vigo e tamén presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), vén de reunirse con José Guirao, ministro de Cultura no goberno socialista de Pedro Sánchez. Caballero asegura contar co apoio de ambos para o proxecto da Biblioteca do Estado na cidade olívica.

De forma moi similar ao relatado tralas anteriores reunións do rexedor vigués con outros ministros de Sánchez, asegurou atopar unha “receptividade” nova, inexistente antes da chegada do seu partido ao goberno do Estado. Caballero ve un cambio “radical”.

O alcalde tamén falou con Guirao sobre o cambio de estatutos no museo MARCO, “para adaptalos ás novas necesidades da arte contemporáneo na cidade”, defende. O representante do goberno estivo “completamente de acordo”.

Tamén falaron da candidatura das Cíes para Patrimonio da Humanidade, e do suposto “intento de bloqueo” da mesma por parte de Feijóo.

ÚLTIMAS

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...