InicioSucesosDetidos en Vigo tras ser sorprendidos "in fraganti" roubando nunhas instalacións deportivas

Detidos en Vigo tras ser sorprendidos “in fraganti” roubando nunhas instalacións deportivas

trada A-52.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous homes, M.E.P.S. de Vigo e 40 anos de idade e J.M.F. de Vigo e 35 anos, foron detidos o pasado venres tras entrar a roubar nunhas instalacións deportivas situadas na estrada A-52.

Foi sobre as 06,15 horas cando o vixiante de seguridade informou á Policía Local que había persoas non autorizadas nas dependencias e que se escoitaba como estaban a arrastrar obxectos.

Unha vez no lugar, os axentes observaron luces  de lanterna e viron a dous individuos golpeando cun pico de obra a porta de acceso á cantina, polo que se identificaron e pedíronlles que tirasen as ferramentas.

Con todo, ambos os homes saíron á carreira, sendo interceptado un deles, que se encarou aos axentes. O outro home actuou da mesma maneira, pero tamén foi capturado, sendo detidos como presuntos autores dun delito de roubo con forza.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...