InicioSucesosUn falecido e sete feridos no incendio dun edificio da Avenida do...

Un falecido e sete feridos no incendio dun edificio da Avenida do Aeroporto

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa perdeu a vida e outras sete necesitaron asistencia por mor dun incendio declarado no interior dunha vivenda situada na Avenida do Aeroporto en Vigo. Foi ás 13:30 horas de hoxe cando un veciño percibiu o fume que saía pola fiestra do sétimo andar do número 35 e chamou ao 112 Galicia.

Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia pediu a colaboración dos bombeiros da cidade, que enviaron ao momento varias dotacións; e aos profesionais sanitarios ante a posibilidade de que houbese persoas afectadas.

De feito, no lugar do incendio, os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias atenderon a sete veciños, dos cales un tivo que ser, finalmente, trasladado ao hospital. Ademais, localizaron á persoa falecida xunto a dous animais domésticos.

Pola súa banda, os bombeiros procederon a desaloxar todo o edificio, xa que no interior do inmoble acumulouse moito fume ata o punto de afectar a algúns veciños. Do mesmo xeito, centráronse na extinción do incendio, que lograron controlar ao redor das 14:30 horas da tarde e calcinou por completo un salón. Nos labores de control e seguridade traballaron os axentes da Policía Local, que tamén foron alertados desde o 112.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...