InicioSociedadeNados no Sáhara: outra forma de mirar

Nados no Sáhara: outra forma de mirar

PUBLICADO O

- Advertisement -

Solidaridade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) organiza cada verán a acollida de nenos e nenas saharauís por parte de familias de toda Galicia, moitas delas viguesas. Unha iniciativa que, con todo, ten o freo de man botado desde hai algúns anos, concretamente, desde que comezou a crise económica que aínda non parece abandonarnos.

E o certo é que, co tempo, a crise tamén é unha crise de valores e da solidariedade. Esta asociación, SOGAPS, botou a andar no ano 89. Nun comezo traían cada verán a Galicia 20 nenos, logo foron 80, despois máis de 600. Coa crise, este número descendeu ata estabilizarse nos 400. No conxunto de España, hai 6 anos eran 12.000 nenos acollidos, agora algo menos da metade.

A ollada de Didi, neno saharaui / Miguel Núñez

Axudar ao Sáhara non custa moito: “Cando calquera das familias de acollida deixa algo de diñeiro, a súa familia, de 9 ou 10 persoas, pode vivir diso cinco ou seis meses”, recordan.

Hai máis de 20 anos que terminou a guerra no Sáhara, pero a situación segue sen arranxarse: “A pesar de tódalas resolucións da ONU, Francia ten dereito de veto, e entre Francia e Marrocos están a repartirse a riqueza do lugar. Cando España abandonou o Sáhara, non o deixou aos saharauís, e xa viviron 42 anos de conflito”, lembran desde Sogaps.

Despedida dos nenos do Sáhara/ Miguel Núñez

En Galicia, os nenos saharauís reciben revisións médicas que alá non teñen, e poden detectarse enfermidades. E os maiores e pequenos da familia abren a súa mente, conceñen outra realidade totalmente distinta.

Aos nenos de acollida sorpréndenlles cousas que para nós forman parte da rutina diaria. O interruptor da luz, abrir unha billa e que brote a auga, a praia… Abraiados por absolutamente todo, desfrutando das pequenas cousas.

Despedida dos nenos do Sáhara en Vigo / Miguel Núñez

Nestas datas, os nenos xa regresaron ao seu Sáhara natal, conservando a súa forma de mirar, coñecedores do lado máis solidario do noso país.

Nenos do Sáhara/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Abel Caballero acende “as luces de Nadal de todo o planeta”: Vigo estreará o seu espectáculo o 15 de novembro

A iluminación do Nadal de Vigo acenderase o próximo 15 de novembro, segundo desvelou...

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...