InicioSociedadeSer taxista en Vigo, "unha escravitude de 12 horas" polo número excesivo...

Ser taxista en Vigo, “unha escravitude de 12 horas” polo número excesivo de prazas

A nova ordenanza inclúe a obrigatoriedade de vixiar a chegada a casa das mulleres que o soliciten.

PUBLICADO O

- Advertisement -

No pleno deste mércores no Concello de Vigo falouse do sector do taxi. Da situación dos seus traballadores, da ameaza dos VTC e das normas que traerá a nova ordenanza, xa aprobada.

A devandita ordenanza inclúe que os taxistas están obrigados a vixiar á súa chegada a casas as mulleres que o soliciten, como unha medida contra a violencia de xénero. O PSOE sinalou como precedente o funcionamento das paradas anti-acoso de Vitrasa, que segundo as súas contas están utilizando 70 mulleres ao mes.

Ademais, a partir de agora os taxistas terán que levar tamén obrigatoriamente un TPV para o pago con tarxeta, algo xa implantado na maioría das grandes cidades, e no futuro incorporarán a Pass Vigo.

Paro taxista en Vigo/Miguel Nuñez

Pola súa banda, desde En Marea chamaron “piratas” aos condutores de VTC, e advertiu o seu portavoz Rubén Pérez de que, aínda de que non chegaron aínda a Vigo, hai que prepararse.

Tamén denunciou que “sobran prazas”, convertendo o traballo de taxista “nunha escravitude de 12 horas para levar o pan a casa”. “E os coches de renting, que se alugan co móbil, terminarán chegando a Vigo”, advertiu.

O PP culpou ao goberno de Caballero de non subvencionar cun euro ao sector do taxi, ao que replicaron que eles non subvencionan aos taxistas, “senón aos cidadáns”.

ÚLTIMAS

A Xunta Electoral dá a razón ao PP e advirte a Caballero polas súas críticas políticas nun acto municipal

A fronteira entre a información institucional e a confrontación política volve situarse no centro...

Unha maleta chea de armas en Peinador destapa unha rede que fornecía pistolas a narcotraficantes das Canarias

Unha maleta aparentemente convencional, un pasaxeiro disposto a embarcar e un cargamento de armas...

Os Tedax acoden ao Cunqueiro por unha maleta abandonada que tiña roupa

Axentes da Policía Nacional especializados na desactivación de artefactos explosivos (Tedax) desprazáronse na mañá...

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...