InicioMedio Ambiente e PatrimonioSoutomaior recupera o lavadoiro do barrio de Rial polo seu "valor sentimental"...

Soutomaior recupera o lavadoiro do barrio de Rial polo seu “valor sentimental” como lugar histórico de encontro

Desde o Concello aseguran que este tipo de actuacións son moi demandadas pola veciñanza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Soutomaior acaba de iniciar os traballos de restauración do lavadoiro do barrio de Rial. A actuación, enmarcada no Programa Municipal de Recuperación de Patrimonio, ten como obxectivo recuperar antigas zonas de uso colectivo, como as fontes e lavadoiros, para darlles unha nova vida.

Para manter viva a esencia destes lugares, tal e como se fixo en actuacións anteriores, o lavadoiro recuperarase con materiais nobres e autóctonos, como o granito e a madeira, para garantir a súa perfecta integración na contorna.

Os primeiros traballos centráronse na retirada da antiga cuberta de cemento e ladrillo para poder comezar as tarefas de limpeza. Ademais, recuperarase por completo a zona da balsa de auga e o chan de todo o recinto cun solado de pedra granítica de 3cm.

A continuación, instalarase a nova cuberta, realizada con madeira de abeto para a base e con tella cerámica plana na superficie. Do mesmo xeito, dotarase ao conxunto de diversos elementos de seguridade, un banco de pedra e instalación eléctrica para alimentar a nova pantalla led de baixo consumo de 57 w e os diferentes puntos de luz.

Os traballos teñen un orzamento de 30.000 euros que serán financiados a través do Plan Concellos. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou que esta clase de actuacións son moi demandadas pola veciñanza polo seu valor sentimental xa que estes puntos servían tradicionalmente como lugar de encontro entre os veciños, “e neles, ademais de lavar a roupa, compartíanse experiencias, facían amizades para toda a vida e fortalecíase a comunidade”, concluíu Reguera.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...