InicioSociedadeDenuncian a utilización dunha app de citas para insultar e agredir ao...

Denuncian a utilización dunha app de citas para insultar e agredir ao colectivo LGTBI en Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asemblea LGTBI de Galiza Nova e as organizacións LGTBI galegas súmanse á denuncia dunha sucesión de agresións homófobas acontecidas no municipio de Redondela.

Segundo unha denuncia anónima da vítima da agresión, un grupo de rapaces creou un perfil falso na aplicación Grindr, servizo de contacto entre homes, co fin de enganar a homes gays ou bisexuais, e despois facelos achegarse ata Redondela, proferirlles insultos homófobos e guindarlle obxectos.

“Resulta inadmisíbel que o colectivo LGTBI sigamos a ser vítimas de agresións, tanto nos espazos públicos como nos máis privados. Denunciamos ademais a gravidade do feito de que esta agresión fose premeditada, sendo preciso por parte dos perpetradores descargar e usar unha aplicación para persoas LGTBI co único fin de facer dano”, subliñan desde Galiza Nova.

“Precisamos unha lexislación firme e clara que garanta os nosos dereitos e que poña fin a calquera discriminación por mor da nosa identidade de xénero ou orientación sexual, cun réxime sancionador para os delitos de odio, e non só leis baleiras de contido, que son un xeito de ofrecer unha imaxe comprometida coa loita sen que ese compromiso sexa real”, selaron.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...