InicioSucesosUn raio dana a cúpula e balaustrada da igrexa de Reboreda en...

Un raio dana a cúpula e balaustrada da igrexa de Reboreda en Redondela

Non se rexistraron feridos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A caída dun raio na madrugada deste martes provocou a caída da cúpula e a balaustrada da igrexa parroquial de Reboreda, pero non se rexistraron feridos. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 7,00 horas deste martes e veciñanza da zona alarmouse ao escoitar un estrondo e viron caer os restos.

Aínda que caeron ao chan a cúpula e a balaustrada da igrexa, a campá quedou no seu sitio e non se precipitou, indicaron as mesmas fontes, que sinalaron que técnicos de garda do 112 informaron a Patrimonio da Xunta para que valore os danos e estude a maneira de restaurar a igrexa.

ÚLTIMAS

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...

Vigo mobiliza 110 millóns para levantar a única fábrica de chips fotónicos de España

O proxecto Sparc e a fábrica de semiconductores fotónicos que se está a construír...

Vigo investirá máis de 2 millóns nunha exposición inmersiva sobre Julio Verne que despois viaxará a París

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...