InicioSociedadeAumentan as denuncias por violencia de xénero en Galicia

Aumentan as denuncias por violencia de xénero en Galicia

A oposición pide prestar especial atención á inserción laboral deste colectivo para evitar a súa dependencia do agresor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Gailicia rexistrou ao longo de 2017 un total de 6.436 denuncias por violenca de xénero, 751 máis que no exercicio anterior. Ademais, 406 vítimas, un 6% do total, renunciaron a esta medida, unha porcentaxe similar o de 2016.

Diso informou este mércores a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que presentou na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego da Cámara o Informe Anual sobre a situación da violencia de xénero en Galicia correspondente ao ano 2017.

Segundo explicou López Abella, o incremento de denuncias reflexa que os dispositivos e medidas postas en marcha polo Executivo galego fan “dar o paso” a denunciar ás vítimas. Así, por orde, as provincias nas que máis denuncias se rexistraron foron Pontevedra (2.518) e A Coruña (2.442), seguidas de Ourense (747) e Lugo (729).

Na súa intervención, a titular de Igualdade tamén deu conta do número de ordenes de protección. En concreto, apuntou que se produciron un total de 1.928 peticións, 235 máis que en 2016. Delas, foron adxudicadas 1.284, o 67%, e se denegaron 631.

VÍTIMAS

A secretaria xeral de Igualdade ofreceu estes datos nunha comparecencia na que recordou que en 2017 se rexistraron tres vítimas mortais. En concreto, foron asasinadas dúas mulleres no Carballiño e Redondela, así como un neno de 11 anos en Oza-Cesuras.

Respecto diso, sinalou que a Xunta compareceu como acusación popular no caso do asasinato do menor, tendo en conta que non obtivo autorización para o mesmo no suceso do Carballiño e que, no de Redondela, o agresor tamén morreu. Deste xeito, conforme sinalou López Abella, o Executivo autonómico compareceu como acusación popular en 14 casos desde o ano 2013.

Ademais, tamén sinalou que os colexios de avogados galegos iniciaron en 2017 un total 813 asuntos en materia de asistencia gratuita por violencia de xénero, que tiveron un custo total para a Xunta de 86.300 euros.

MENORES AFECTADOS

Na súa intervención na comisión parlamentaria, López Abella explicou que o ano pasado houbo un total de 66 alumnos afectados por cambio de centro educativo derivados de 49 casos de violencia de xénero que afectaban ás súas nais (en 12 dos casos había varios irmáns).

A esta medida, engadiu, súmanse outras como a resolución da Consellería de Política Social para o ingreso urxente en escolas infantís dos fillos de vítimas ou mulleres que viven en casas de acollida, así como as accións que o novo Plan de Conciliación e Corresponsabilidade da Xunta contempla para dar servizo ás vítimas que están nun proceso xudicial e deben deixar aos seus fillos con persoal especializado.

No ámbito de atención a menores, destacou as actuacións derivadas do Plan de actuación para a igualdade en centros educativos 2016-2020, no marco do cal, como indicou, ofertouse unha asignatura de libre configuración para abordar a perspectiva de xénero na ESO e Bachillerato, así como un ciclo superior de xénero en Formación Profesional.

López Abella tamén deu conta das actuacións en materia de actuación psicolóxica. Así, sinalou que a Xunta destinou en 2017 un total de 165.000 euros a ejecución dun programa en colaboración co colexio de psicólogos no que participaron 111 profesionais e do que se beneficiaron 830 persoas. A maiores, un total de 84 homes participaron de forma voluntaria na iniciativa ‘Abramos o Círculo’, que trata a persoas con problemas de conduta.

AXUDAS

Ademais de destacar as medidas e iniciativas do seu departamento, deu conta dos datos de axudas á inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero para o periodo 2016-2017. Segundo indicou, beneficiaron a un total de 527 mulleres nunha primeira etapa, das cales 85 conseguiron o obxectivo da inserción no mercado laboral.

A maiores, en canto ás axudas de prestación periódica, destacou que no pasado ano beneficiáronse 417 mulleres, unhas 93 máis que en 2016, Delas, o 80,5% son de nacionalidade española e o 19,4% estranxeiras.

A estes apoios, conforme sinalou, súmanse outros como as axudas de pago único, o procedemento abreviado para recibir a Risga ou o Fondo galego de garantía de indemnizacións, que en 2017 atendeu a 12 casos nos que o maltratador non pasaba a pensión.

ANÁLISE DA OPOSICIÓN

Trala intervención da titular de Igualdade, a deputada do BNG Olalla Rodil recordou que o menor falecido en Oza-Cesuras era beneficiario das medidas ofrecidas nos puntos de encontro familiar polo que preguntou á Xunta sobre a valoración policial e as medidas adoptadas nestes puntos para previr este tipo de casos.

Respecto diso, a titular de Iguadalde recoñeceu que os profesionais do centro que prestaba servizo a esta familia non detectaran indicios que fixesen “sospeitar que se fose a dar ese desenlace”.

Ademais, tamén instou á Xunta a prestar especial atención á inserción laboral deste colectivo, así como á igualdade nos centros de traballo tendo en conta que o pasado 8 de marzo miles de persoas saíron ás rúas para reivindicar o fin da desigualdade laboral por cuestións de xénero.

Neste ámbito tamén incidiu o parlamentario de En Marea Marcos Cal, quen advertiu de que a situación laboral das mulleres “moitas veces incide na dependencia que estas teñen” das súas parellas.

O deputado tamén criticou que a secretaria xeral de Igualdade se “limite a ofrecer cifras pero non analice o resultado das campañas” postas en marcha polo seu departamento e pediu á Xunta que colabore máis “cos colectivos feministas”.

PSOE E PP

Pola súa banda, a socialista María Pierres instou á secretaria xeral de Igualdade a reivindicar ante o Goberno central a dotación orzamentaria comprometida no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

E é que, segundo denunciou, o Executivo estatal “incumpriu” o seu compromiso de dotar ás comunidades autónomas de máis de 100 millóns de euros adicionais, ademais doutros 20 para os concellos para os próximos 5 anos.

Pola súa banda, a deputada popular Marián García Míguez destacou o traballo posto en marcha polo Goberno galego en materia de loita contra a violencia de xénero e afeou á oposición que se referise ás manifestacións rexistradas o pasado 8 de marzo en lugar de centrase nas medidas contra a violencia de xénero activadas en 2017.

ÚLTIMAS

Investigan a morte dun vigués tras ser agredido no concerto de Karol G mentres facía unha videochamada coa súa parella

A morte do vigués de 42 anos golpeado tras o concerto de Karol G,...

Máis de 200 persoas gardan un minuto de silencio en Baiona polo veciño falecido no ‘Argos Georgia’

Máis de 200 persoas gardaron na tarde deste mércores un minuto de silencio en...

Malvinas suspende o operativo de busca dos 4 desaparecidos debido ás condicións climáticas

O goberno das Malvinas emite un comunicado sinalando que suspenden temporalmente a busca dos...

Baiona convoca unha “concentración de homenaxe” polo falecemento de Santiago Leyenda no Argos Georgia

Declaracións do alcalde de Baiona, Jesús Almuiña, que convocou unha concentración hoxe ás oito...