InicioVigo e contornaRedondelaPiden 18 meses de prisión para o acusado de roubar cordas de...

Piden 18 meses de prisión para o acusado de roubar cordas de mexillón dunha batea en Chapela

Algunhas das cordas roubadas tiñan mexillón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita 18 meses de prisión e o pago dunha indemnización para un home acusado de roubar máis de 600 cordas (algunhas baleiras e outras con mexillón) nunha batea de Chapela, en Redondela, e que será xulgado este luns na sala do Penal 2 de Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron entre a medianoite do 2 e o mediodía do 3 de maio de 2018, cando o acusado se apropiou de 500 cordas baleiras e outras 120 cordas atadas con mexillón que se atopaban nunha batea en Chapela. O material subtraído ten un valor de 21.380 euros, polo que os propietarios da batea reclaman.

Así, a Fiscalía considera ao procesado autor dun delito de furto, e pide que sexa condenado a 18 meses de prisión. Así mesmo, reclama que indemnice aos donos da batea, en concepto de responsabilidade civil, nos 21.380 euros do custo das cordas roubadas.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...