InicioVigo e contornaRedondelaVeciños de Chapela limpan o río voluntariamente e Augas de Galicia reclámalles...

Veciños de Chapela limpan o río voluntariamente e Augas de Galicia reclámalles unha taxa por facelo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Asi o denunciou o presidente da Asociación de Veciños de Chapela aos micrófonos de Radio Redondela logo de que Augas de Galicia, dependente da Xunta, lles reclamase o pago dunha taxa por ter acometido a limpeza do río Maceiras.

A xornada de limpeza fora convocada por esta asociación en colaboración co Concello de Redondela a finais do mes de setembro. Unha acción bastante extendida, con accións anuais como as xornadas de “Móllate polos ríos” que tamén teñen lugar en concellos como o de Gondomar.

Este tipo de iniciativas voluntarias pretenden concienciar da importancia e coidado dos ríos e serven tamén como unha denuncia gráfica do deslexo amosado no mantemento dos mesmos.

Asociación de Veciños de Chapela na Xornada de limpeza do río Maceiras  | Foto AVV Chapela en Facebook

A sorpresa chegou cando Augas de Galicia remitiu ao colectivo veciñal unha factura en concepto de taxas “por ter acometido a limpeza do río”. O importe reclamado é de 36€.

Dende o colectivo veciñal denuncian que pese a ser un importe “simbólico” non deixa de ser inaudito que a administración dependente da Xunta de Galicia “non só non faga o seu traballo, xa que deberían ser eles que se encargaran da limpeza dos ríos, senón que nos pasan unha taxa por retirar o lixo do Maceiras ao seu paso por Chapela”.

Na xornada de limpeza participaron 20 veciños e veciñas que retiraron todo tipo de lixo, entre outros a “porta dun coche”.

Aquí o audio da entrevista

ÚLTIMAS

Evacuada unha pasaxeira ferida do buque oceanográfico vigués Sarmiento de Gamboa

Unha persoa que navegaba no buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa resultou ferida mentres realizaba...

Vigo reclamará a Audasa máis de 138.000 euros polo IBI da AP-9

O Concello de Vigo reclamará á concesionaria da AP-9, Audasa, o pagamento de 138.345...

O TSXG revisa este luns a condena de 13 anos e medio polo crime de Coia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebrará...

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...