InicioCulturaClamor contra o "disparate" de desmantelar o cargadoiro Coto Wagner de Rande...

Clamor contra o “disparate” de desmantelar o cargadoiro Coto Wagner de Rande “por intereses económicos”

Denuncian que a Autoridade Portuaria de Vigo xa iniciou os trámites para destruír a estrutura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis de 100 entidades -entre elas a USC ou o Museo do Pobo Galego- apoian a loita da Asociación Rande Patrimonio Europeo (ARPE) para frear as intencións da Autoridade Portuaria de Vigo (APV) de “desmantelar” o Cargadoiro Coto Wagner de Rande, un ben que “forma parte do territorio histórico” da vila. A asociación deu nestes días a voz de alarma logo de coñecer de que a APV, “segundo informacións do Concello de Redondela, enviou unha solicitude de desmantelamento do Cargadoiro ao Ministerio de Cultura”, un trámite que levantou a preocupación da ARPE. 

A asociación puntualiza que, malia descoñecer o contido “completo” do expediente, están ao tanto de que a APV”quere declarar o monumento en ruína” e desmantelalo valéndose precisamente de “dous argumentos que a Lei de Patrimonio dispón para a declaración de ruina: perigo físico (por caída de obxectos) e perigo para a saúde”. A Autoridade move ficha, din dende ARPE, motivada por “intereses económicos” que se concretarían na construción dunha terminal de contenedores ou conxeladores na explanada lindeira coa estrutura, que tería que ser derrubada.


Ante unha situación que, consideran, pon en perigo o patrimonio cultural da vila, centran a súa esperanza en que Patrimonio outorgue a consideración de BIC ó complexo, construído nos anos 60 para o transporte a ultramar dunha mina de ferro situada en Castela. O pleno de Redondela xa impulsara a petición de BIC en 2013 pero a Xunta non incoou o proceso. Este mes de maio volveron lanzar unha proposición que aínda non foi respostada polas autoridades autonómicas.

APOIOS

Os apoios á defensa da asociación abranguen dende o Museo do Pobo Galego á USC, pasando pola Real Academia Galega de Belas Artes e multitude de agrupacións culturais, veciñais e ata deportivas da Ría, de Galicia  e mesmo do resto do Estado, como é o caso da Associació do Museu de Ciència i da Tècnica i d´Arqueologia Industrial de Catalunya.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...