InicioPolíticaO PP acusa o Goberno de blindar "un negocio redondo" para Audasa...

O PP acusa o Goberno de blindar “un negocio redondo” para Audasa coas obras da Ponte de Rande

Os populares de Pontevedra aseguran que o PSOE está "a traballar na defensa dos intereses de Audasa nos tribunais e adopta medidas para protexer a concesionaria", mentres que "se esquece de defender e adoptar medidas para os cidadáns".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Partido Popular de Pontevedra denunciou este sábado que o Goberno español blindou un “negocio redondo” para Audasa e “ruinoso” para os cidadáns “á conta” das obras de ampliación da ponte de Rande.

Así o transmitiu o partido nun comunicado tras coñecerse que a Avogacía do Estado se personou no xuízo polo cobro de peaxes durante as obras desta ponte.

Os populares de Pontevedra consideran “inaceptable” este “ataque” do Goberno do PSOE á provincia “ao situarse ao lado de Audasa en lugar de defender os intereses dos usuarios da AP-9”.

O deputado nacional do PP Javier Bas recalcou que esta decisión “vai en contra da economía e os veciños” e que é un “novo ataque” do Goberno socialista á provincia. “Ninguén fixo tanto dano en tan pouco tempo como Pedro Sánchez“, subliñou.

Nesta liña, o deputado sinalou que en ano e medio o Goberno central “paralizou” a gratuidade da peaxe de Redondela, as obras de mellora como consecuencia da ampliación da AP-9 e que “agora decide acudir aos tribunais en contra dos usuarios e a favor da concesionaria”.

Así mesmo, Javier Bas recalcou que a Audasa “lle vai mellor cando gobernan os socialistas”. Engadiu que o PSOE está “a traballar na defensa dos intereses de Audasa nos tribunais e adopta medidas para protexer a concesionaria”, mentres que “se esquece de defender e adoptar medidas para os cidadáns”.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...