InicioCulturaInaugúrase en Redondela "A Criminalización do Pensamento", unha exposición censurada por "incitar...

Inaugúrase en Redondela “A Criminalización do Pensamento”, unha exposición censurada por “incitar ao odio dos Corpos de Seguridade”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varias ducias de veciños e veciñas de Redondela  asitiron ao acto de inauguración da
exposición “A Criminalización do Pensamento”, no seu momento secuestrada polo goberno de Javier Bas.

Dende o Coleitivo Republicano agradeceron as diversas mostras de apoio, pero
especialmente destacaron “a valentía da organización nacionalista por accederen a
expoñer a selección de fotografías de temáticas reivindicativa e social”.

Por parte do BNG, o seu concelleiro, Xoán Carlos González salientou “como obriga
democrática que a xente puidera ver e contemplar os contidos desta exposición, que
únicamente se refiren a feitos reais e constatabeis”.

Aludíu á necesidade de “non terlle medo a defender as ideas, e expresalas por vías democráticas”. Responsabilizou ao alcalde de Redondela, Javier Bas, “por teren iniciado esta situación, inédita en Redondela, de censurar unha exposición”.

Pola súa banda o parlamentario Luís Bará, considerou que o acto en si xa representaba
unha anomalía democrática. Recordou o simbolismo que supuxo “ter rachado a fotografía
do rei, no Parlamento Galego, como mostra de que o propio Tribunal Europeo de Dereitos
Humáns, consideraba esta acción como un exercico da liberdade de expresión”.

Pola súa banda, a secretería provincial da Unión Federal da Policía criticou esta exposición, posto que consideran que fomenta o odio contra eles, e non descartan comunicalo á oficina nacional de loita contra os delitos de odio da Dirección Xeral da Policía se as pezas finais da mostra constitúen unha incitación a este.

Os comentarios dalgunhas das persoas que puideron visitar a mostra, “foi de
incredulidade, e estupor posto que consideraron maioritariamente, que as fotografías
seleccionadas cinguíanse a feitos reais”. Esta exposición manterase durante as vindeiras dúas semanas no local do Bloque Nacionalista Galego en Redondela, en horario de 19 a 21h.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...