InicioCulturaDasoul e Ortiga, entre a programación musical do Entroido de Verán de...

Dasoul e Ortiga, entre a programación musical do Entroido de Verán de Redondela

Celebrarse o sábado 19 de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

cantante canario Dasoul ou o artista galego Ortiga formarán parte da programación musical da XXIV edición do Entroido de Verán de Redondela, que se celebra o sábado 19 de agosto. O Concello redondelano ultima xa os preparativos dun dos eventos “máis esperados” na localidade, coa intención de ofrecer unha programación “que teña en conta ao público de todas as idades”, segundo indicou a alcaldesa, Digna Rivas, nun comunicado.

As actividades no recinto do campo da Feira empezarán ás 20.00 horas coa sesión dos DJ Carlos González e Borja Rúa. Ás 21.30 horas comezará a xa tradicional Gala Drag con Cristian de Samil como mestre de cerimonias e que repartirá 1.800 euros en premios. Tras ela, sobre as 23.00 horas será a banda A Quinkillada a que actúe, seguida de Ortiga e de Dasoul. A festa pechará co DJ redondelano Rodri Vegas.

Así mesmo, o Concello destacou a súa aposta polas actividades organizadas para os máis pequenos, co desenvolvemento de xogos e espectáculos para toda a familia en diferentes localizacións da vila. “Estas actividades ofreceranse en cinco espazos diferentes repartidos pola vila para evitar aglomeracións e que o público infantil e familiar poida rotar polos diferentes recintos”, indicou a rexedora.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...