InicioVigo e contornaPazos de BorbénPazos de Borbén desinfecta todas as igrexas tras case tres meses sen...

Pazos de Borbén desinfecta todas as igrexas tras case tres meses sen celebrar misas

O concello desinfectará todos os templos ata o final da fase 3 da desescalada.

PUBLICADO O

O Concello de Pazos de Borbén, coincidindo co retorno da celebración de oficios relixiosos, comezou a realizar tarefas de desinfección nas igrexas de todas as parroquias do municipio. A iniciativa pretende incrementar a seguridade nestes espazos.

As tarefas de desinfección no exterior dos templos realízanse mediante a aplicación de auga xabonosa, xa que se trata de bens culturais sobre os que non se poden aplicar produtos químicos. No interior dos templos a limpeza realízase aplicando desinfectante sobre os elementos de uso comúns, como os bancos e pasamanos, e a continuación coa instalación dun equipo de ozono para garantir a desinfección mesmo dos puntos menos accesibles e a gran altura.

Segundo apunta o concello, as tarefas de desinfección están a realizarse por unha empresa especializada de maneira periódica. A estes traballos hai que engadir varias iniciativas persoais, como a limpeza realizada por varios veciños na igrexa de Amoedo, e de membros do goberno local, na parroquia de Cepeda, que tamén están desinfectando os templos para asegurarse que reducen ao máximo posible o tempo entre cada limpeza.

A medida, segundo destacou o alcalde, Andrés Iglesias, pretende aumentar a seguridade dos veciños que, tras meses sen poder asistir, demandan poder volver aos templos en plenas condicións de seguridade. “Hai moitos veciños que levan tempo demandando a reapertura dos templos e a maioría son de idade avanzada. Son o maior grupo de risco e por iso é necesario extremar as precaucións”, finalizou o alcalde.

ÚLTIMAS

Feministas católicas sean este domingo ás rúas de Vigo para reclamar que as mulleres teñan “voz e voto” na Igrexa

Feministas católicas da Revolta de Mulleres na Igrexa sairán este domingo 3 de marzo ás...

Rueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en Galicia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este venres a importancia de...

Miguel Martín asume a portavocía do grupo municipal do PP en Vigo, tras a saída de Fernández-Tapias

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo designou a Miguel Martín como...

Máis de 30 marcas de coches reuniranse na 33ª edición do Salón do Automóbil, que arrinca o mércores

Máis de 30 marcas de coches e 15 de motocicletas reuniranse na 33ª edición...