InicioSociedadeParte do Gordo do Nadal quedou en Vigo e no Porriño

Parte do Gordo do Nadal quedou en Vigo e no Porriño

A maior parte del foi para A Coruña e A Fonsagrada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número 5.490, agraciado co Gordo, o primeiro premio do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 4.000.000 euros á serie, deixou unha choiva de millóns na Coruña e A Fonsagrada.

O número foi cantado ás 11.21 horas no segundo arame da táboa quinta e foi vendido tamén noutras localidades galegas, como Noia, O Porriño, Vigo e Poio.

Este ano, a emisión consta de 180 series, oito máis que en anos anteriores cando había 172 series, de 100.000 números cada unha. Dita emisión ascende aos 3.600 millóns de euros, dos que se reparten un 70 por cento en premios, é dicir, que se repartirán 2.520 millóns de euros.

Entre os premios do sorteo destacan o coñecido como ‘Gordo’ de Nadal, de 4 millóns de euros á serie (400.000 euros ao décimo premiado); o segundo premio, de 1.250.000 euros á serie (125.000 ao décimo); ou o terceiro, de 500.000 euros á serie (50.000 ao décimo). Tamén se reparten dous cuartos premios, de 200.000 euros á serie (20.000 ao décimo) e o oito quintos, de 60.000 euros á serie (6.000 euros ao décimo).

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...